Transición gradual

Crea formas e distribúeas en incrementos uniformes entre dous obxectos de debuxo.

LibreOffice debuxa unha serie de formas intermedias entre dous obxectos seleccionados e agrupa o resultado.

Para acceder a esta orde...

Escolla Editar - Transición gradual (soamente no LibreOffice Draw)


Configuración

Define as opcións de transición gradual.

Incrementos

Especifique o número de formas desexadas entre os obxectos seleccionados.

Transición gradual de atributos

Aplica unha transición gradual á liña e propiedades de enchedura dos obxectos seleccionados. Por exemplo, se os obxectos seleccionados se encheron de cores diferentes, aplícase unha transición de cor entre dúas cores.

Mesma orientación

Aplica unha transición suave entre os obxectos seleccionados.

Precisamos da súa axuda!