Páxina
Define a orientación de páxina, as marxes de páxina, o fondo, e outras opcións de deseño.
Formato do papel
Formato
Seleccione un formato de papel aceptado pola súa impresora. Tamén pode crear un tamaño de páxina personalizado seleccionando Usuario e introducindo as dimensión nos campos Largura e Altura.
Largura
Mostra a largura do formato de papel que se seleccionase no campo Formato. Se vostede seleccionou o formato Usuario, introduza un valor para a largura da páxina.
Altura
Mostra a altura do formato de papel que se seleccionase no campo Formato. Se vostede seleccionou o formato Usuario, introduza un valor para a altura da páxina.
Vertical
A orientación da páxina é vertical.
Horizontal
A orientación da páxina é horizontal.
Bandexa de papel
Seleccione a fonte de papel para a impresora.
Se o documento utiliza máis dun formato de papel, pode seleccionar unha bandexa diferente para cada formato.
Marxes
Especifique a distancia entre o bordo dunha páxina impresa e a área imprimíbel.
Esquerda
Introduza a distancia entre o bordo esquerdo da páxina e os datos. Verá o resultado na previsualización.
Dereita
Introduza a distancia entre o bordo dereito da páxina e os datos. Verá o resultado na previsualización.
Superior
Introduza a distancia entre o bordo superior da páxina e os datos. Verá o resultado na previsualización.
Inferior
Especifique a distancia entre a marxe inferior da páxina e os datos. Verá o resultado na previsualización.
Formato
Especifique o formato de numeración de páxina.
Axustar obxecto ao formato de papel
Reduce a escala dos obxectos e o tamaño do tipo de letra da páxina para imprimir no formato de papel seleccionado.