Opcións

Esta orde abre unha caixa de diálogo que permite configurar o programa de forma personalizada.

A súa configuración gárdase automaticamente. Para expandir unha entrada prema dúas veces sobre ela ou sobre o signo máis. Para a contraer, prema dúas veces tamén ou sobre o signo menos.

Icona Nota

As únicas entradas que se ven son as aplicábeis ao documento actual. Se é un documento de texto, vese a entrada de LibreOffice Writer, e así cos restantes módulos de LibreOffice. LibreOffice Impress e LibreOffice Draw trátanse como un só neste diálogo. As entradas comúns están sempre visíbeis.


Para acceder a esta orde...

Escolla .

Icona Nota

Nota para usuarios de macOS: A axuda menciona a ruta de menú Ferramentas - Opcións en moitos lugares. Substitúa esta ruta por LibreOffice - Preferencias no menú principal do macOS. Ambas as dúas entradas de menú abren a caixa de diálogo Opcións.



Botóns do diálogo Opcións

Aceptar

Garde os cambios da páxina e peche o diálogo Opcións.

Cancelar

Peche o diálogo Opcións e desbote todos os cambios feitos.

Restaurar

Restaura os cambios feitos na lapela actual para os que se aplicaban cando se abriu este diálogo.

Icona Aviso

Non é posíbel restaurar algunhas opcións unha vez configuradas. Pode refacer os cambios manualmente ou premer en Cancelar e reabrir o diálogo Opcións.


Axuda

Abre o contido da axuda para a páxina de opcións que se mostra.

LibreOffice

Empregue este diálogo para crear opcións xerais para traballar co LibreOffice. A información cubre temas como datos de usuario, gardar, imprimir, rutas a ficheiros e directorios importantes.

Cargar/Gardar

Indica a configuración xeral de Cargar/Gardar.

Configuración de idioma

Define as propiedades dos idiomas adicionais.

LibreOffice Writer

Esta configuración determina como tratar os documentos de texto creados en LibreOffice. Tamén pode definir a configuración para o documento de texto actual.

LibreOffice Writer/Web

Define a configuración básica para documentos de LibreOffice en formato HTML.

LibreOffice Calc

Define varias opcións das follas de cálculo, o contido que se debe mostrar e o sentido do cursor tras realizar entradas en celas. Tamén permite definir listas de clasificación, determinar o número de decimais e a configuración quen se van usar para rexistrar e realzar os cambios.

LibreOffice Impress

Defines various settings for newly created presentation documents, such as the contents to be displayed, the measurement unit used, if and how grid alignment is carried out.

LibreOffice Draw

Define a configuración global para documentos de debuxo, incluíndo o contido que se debe mostrar, a escala que se debe usar, o aliñamento de grade e o contido que se vai imprimir de forma predefinida.

LibreOffice Math

Defines the print format and print options for all new formula documents. These options apply when you print a formula directly from LibreOffice Math.

Base do LibreOffice

Defina a configuración xeral para as fontes de datos en LibreOffice.

Gráficas

Define a configuración xeral das gráficas.

Internet

Indica a configuración da internet.

Precisamos da súa axuda!