Barra Editar puntos

A barra Editar puntos aparece cando selecciona un polígono e preme en Editar puntos.

As funcións fornecidas permiten editar os puntos dunha curva ou dun obxecto convertido en curva. Están dispoñíbeis as seguintes iconas:

Editar puntos

A icona Editar puntos permite activar ou desactivar o modo editar para obxectos Bézier. En modo editar, poden seleccionarse puntos individuais do obxecto de debuxo.

Icona

Editar puntos

Mover puntos

Activa un modo en que pode mover puntos. O apuntador do rato mostra un cadrado pequeno baleiro cando pousa sobre un punto. Arrastre ese punto a outro lugar. A curva situada a ambos os lados do punto acompaña o movemento e a sección da curva situada entre os puntos seguintes cambia de forma.

Prema entre dous puntos da curva ou nunha curva pechada e arrastre o rato, sen soltar o botón, para desprazar toda a curva sen deformala.

Icona

Mover puntos

Inserir puntos

Activa o modo inserir, que permite inserir puntos. Tamén pode mover puntos, igual que no modo mover. Pode inserir un novo punto premendo entre dous puntos da curva e movendo un pouco o rato mantendo premido o seu botón. Este punto é suave e as liñas que levan aos puntos de control son paralelas e así permanecen ao movelas.

Para crear un punto de canto, insira un punto suave ou simétrico e utilice Punto de canto para convertelo en punto de canto.

Icona

Inserir puntos

Eliminar puntos

Utilice a icona Eliminar puntos para eliminar un ou varios puntos seleccionados. Para seleccionar varios puntos, manteña premida a tecla Maiús ao premer en cada un deles.

Seleccione os puntos que desexa eliminar e, a seguir, prema nesta icona ou en Supr.

Icona

Eliminar puntos

Dividir curva

A icona Dividir curva divide unha curva. Seleccione o punto ou puntos onde desexa dividir a curva e prema na icona.

Icona

Dividir curva

En curva

Converte unha curva en liña recta ou viceversa. Se selecciona un único punto, transfórmase a curva situada antes del. Se selecciona dous, transfórmase a curva situada entre eles. Se selecciona máis de dous puntos, cada vez que preme na icona transfórmase unha parte diferente da curva. Se é necesario, os puntos redondos convértense en puntos de canto e viceversa.

Se unha determinada sección da curva é recta, cada punto final de liña terá como máximo un punto de control. Estes non poden transformarse en puntos redondos a menos que a liña recta volva converterse nunha curva.

Icona

En curva

Punto de canto

Converte en puntos de canto o punto ou puntos seleccionados. Os puntos de canto teñen dous puntos movíbeis de control independentes un do outro. As liñas curvas, polo tanto, non atravesan directamente os puntos de canto, senón que forman un canto.

Icona

Punto de canto

Transición suave

Converte un punto de canto ou simétrico en punto suave. Os dous puntos de control do punto de canto están aliñados en paralelo e só poden moverse simultaneamente. Cando teñen lonxitudes diferentes permiten variar o grao de curvatura.

Icona

Transición suave

Transición simétrica

Esta icona converte un punto de canto ou suave nun punto simétrico. Os dous puntos de control do punto de canto están aliñados en paralelo e teñen a mesma lonxitude. Só poden moverse simultaneamente e o grao de curvatura é o mesmo en ambas as dúas direccións.

Icona

Transición simétrica

Pechar Bézier

Pecha unha liña ou unha curva. As liñas péchanse conectando o último punto co primeiro, que se indica por un cadrado aumentado.

Icona

Pechar Bézier

Eliminar puntos

Marca o punto actual ou os puntos seleccionados para borrar. Isto sucede no caso de que o punto estea localizado nunha liña recta. Se converte unha curva ou un polígono coa icona Converter en curva nunha liña recta ou cambia unha curva co rato de modo que o punto ligue coa liña recta, eliminarase. O ángulo desde o que o punto de redución ten efecto

Icona

Eliminar puntos

Axúdenos, por favor!