Axuda
O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.
Axuda do LibreOffice
Abre a páxina principal da Axuda de LibreOffice do aplicativo que está a ser usado nese momento. Desprácese a través das páxinas da Axuda e busque termos do índice ou outro texto.
Axuda do LibreOffice
Guías do usuario
Abre a páxina de documentación no navegador web, desde onde os usuarios poden descargar, ler ou comprar guías de usuarios do LibreOffice escritas pola comunidade.
Obter axuda en liña
Abre a páxina de asistencia da comunidade no navegador web. Use esta páxina para preguntar sobre como usar LibreOffice. Para obter asistencia profesional cun acordo sobre o nivel de servizo consulte a páxina de asistencia profesional de LibreOffice.
Enviar comentarios
Abrir un formulario para enviar comentarios no navegador web no que os usuarios poden informar de fallos do software.
Reiniciar en modo seguro
O modo seguro é un modo no que LibreOffice inicia temporalment empregando un perfil de usuario novo e desactiva a aceleración por hardware. Este modo axuda a restaurar unha instancia bloqueada de LibreOffice.
Información sobre a licenza
Amosa o cadro de diálogo da licenza e da información legal.
Créditos de LibreOffice
Amosa o documento CREDITS.odt no que se inclúe a lista cos nomes dos colaboradores que contribuíron no código fonte de OpenOffice.org (e con contribucións importadas a LibreOffice) ou a LibreOffice desde 28-09-2010.
Comprobar se hai actualizacións
Permitir unha conexión á Internet para LibreOffice. Se precisa dun proxy, prema a configuración de proxy do LibreOffice en LibreOffice - PreferenciasFerramentas - Opcións - Internet. Alí, escolla Comprobar se hai actualizacións para comprobar a existencia dunha versión máis nova desta suite de ofimática.
Sobre LibreOffice
Mostra información xeral sobre o programa, como o número de versión e os copyrights.