Protexer o contido en LibreOffice

A continuación dispón dunha visión xeral das diferentes formas de protexer o contido en LibreOffice para evitar a súa modificación, eliminación ou visualización.

Protexer todos os documentos ao gardalos

Os documentos que se gardan en formato OpenDocument poden gardarse con contrasinal. Cando un documento se garda con contrasinal non se pode abrir sen o mesmo. O seu contido está protexido de xeito que non se pode ler utilizando editores externos. Isto refírese ao contido propiamente, ás imaxes e aos obxectos OLE.

Activar a protección

Escolla Ficheiro - Gardar como e marque a caixa de verificación Gardar con contrasinal. Garde o documento.

Desactivar a protección

Abra o documento e introduza o contrasinal. Escolla Ficheiro - Gardar como e desmarque a caixa de verificación Gardar con contrasinal.


Icona Aviso

A información introducida en Ficheiro - Propiedades non se codifica. Isto inclúe o nome do autor, a data de creación e a conta de palabras e caracteres.


Protexer as marcas de revisión

A función de revisión rexistra o nome do autor dos cambios realizados en LibreOffice Calc e LibreOffice Writer. Esta función pode activarse con protección, para que así só sexa posíbel desactivala ao introducir o contrasinal correcto. Ata ese momento os cambios continuarán gravándose e non se poderán aceptar nin rexeitar.

Activar a protección

Choose Edit - Track Changes - Protect. Enter and confirm a password of at least one character.

Desactivar a protección

Choose Edit - Track Changes - Protect. Enter the correct password.


Protexer marcos, imaxes e obxectos OLE

Pode protexer o contido, a posición e o tamaño das imaxes inseridas, así como dos marcos (en Writer) e dos obxectos OLE.

Activar a protección

For example, for graphics inserted in Writer: Choose Format - Image - Properties - Options tab. Under Protect, mark Contents, Position and/or Size.

Desactivar a protección

For example, for graphics inserted in Writer: Choose Format - Image - Properties - Options tab. Under Protect, unmark as appropriate.


Protexer obxectos de debuxo e obxectos de formulario

Os obxectos de debuxo inseridos nos documentos mediante a barra de ferramentas Debuxo poden protexerse contra os desprazamentos e cambios de tamaño involuntarios. Pode facer o mesmo cos obxectos de formulario inseridos usando a barra de ferramentas Controis de formulario.

Activar a protección

Escolla Formato - Obxecto - Posición e tamaño e, a seguir, o separador Posición e tamaño. Marque a caixa de verificación Posición ou Tamaño.

Desactivar a protección

Escolla a lapela Formato - Obxecto - Posición e tamaño - Posición e tamaño. Desmarque unha das caixas de verificación Posición Tamaño.


Gardar documentos

Protecting Changes

Sobre as sinaturas dixitais

Protexer contido en LibreOffice Writer

Protexer celas en LibreOffice Calc

Precisamos da súa axuda!