Pegar o contido en formatos especiais

O contido almacenado no portapapeis pode pegarse no seu documento usando diferentes formatos. LibreOffice permítelle escoller pegar o contido mediante unha caixa de diálogo ou a través dunha icona despregábel.

As opcións dispoñíbeis varían en función do contido do portapapeis.

Pegar o contido do portapapeis mediante unha icona de menú

  1. Para abrir o menú prema a frecha situada ao lado da icona Pegar na barra Estándar.

  2. Seleccione unha das opcións.

Se non lle satisfai o resultado pode premer na icona Desfacer e pegar de novo mediante outra opción.

Pegar o contido do portapapeis mediante unha caixa de diálogo

  1. Escolla Editar - Pegado especial.

  2. Seleccione unha das opcións e prema Aceptar.

Se ten aberta unha folla de cálcuIo e o contido do portapapeis son celas de folla de cálculo, aparece unha caixa de diálogo de Pegado especial diferente. Úsea para copiar celas mediante opcións básicas ou avanzadas.

Precisamos da súa axuda!