Rexistrar e eliminar bases de datos

Pódense rexistrar en LibreOffice datos de calquera ficheiro de base de datos. O proceso de rexistro consiste en indicar a LibreOffice onde están localizados os datos, como están organizados, como poder obtelos, etc. Tras rexistrar a base de datos, pode usar a orde de menú Ver - Fonte de datos para acceder aos rexistros de datos dos seus documentos de texto e follas de cálculo.

Para rexistrar un ficheiro de base de datos existente:

  1. Escolla - LibreOffice Base - Bases de datos.

  2. Escolla Ficheiro - Abrir e seleccione o ficheiro da base de datos.

Para eliminar unha base de datos rexistrada de LibreOffice

  1. Escolla - LibreOffice Base - Bases de datos.

  2. Seleccione o ficheiro de base de datos e prema Eliminar.

Precisamos da súa axuda!