Importar e exportar datos en Base

Un método sinxelo para importar e exportar táboas de bases de datos é utilizar Calc como "aplicativo de axuda".

Exportar datos desde Base

Pode copiar unha táboa de Base a unha nova folla de Calc, e a seguir gardar ou exportar os datos a calquera formato de ficheiro soportado en Calc.

  1. Abra o ficheiro de base de datos que conteña a táboa da base de datos que desexa exportar. Prema Táboas para visualizalas, ou Consultas para mostrar as consultas.

  2. Escolla Ficheiro - Novo - Folla de cálculo.

  3. Na xanela de Base, prema co botón dereito o nome da táboa que desexa exportar. Escolla Copiar no menú de contexto.

  4. Prema a cela A1 na nova xanela de Calc e a seguir escolla Editar - Pegar.

Agora pode gardar ou exportar os datos a varios tipos de ficheiros.

Importar datos en Base

Icona Nota

Os ficheiros de texto, de follas de cálculo e a axenda de enderezos do sistema unicamente se poden importar en modo só de lectura.


Icona Nota

Cando se importa desde un ficheiro de texto ou de follas de cálculo, a primeira fila destes ten que ter información de cabeceira. A segunda fila do ficheiro é a primeira fila de datos válida. O formato dos campos da segunda fila determina o de toda a columna. A información relativa ao formato dos ficheiros de follas de cálculo pérdese ao importalos a Base.


Icona Nota

Por exemplo, para asegurarse de que a primeira columna ten formato de texto, verifique se o primeiro campo da primeira fila de datos válida contén texto. Se contén un número, toda a columna pasa a ter formato de número e só se mostran na mesma os números, non o texto.


  1. Abra un ficheiro Base do tipo que desexe.

    Tamén pode crear un novo ficheiro de Base utilizando o Asistente de base de datos, ou abrindo calquera ficheiro Base xa existente que non sexa só de lectura.

  2. Abra o ficheiro de Calc que conteña os datos que desexe importar a Base. Pode abrir un ficheiro *.dbf de dBASE ou moitos outros tipos de ficheiros.

  3. Seleccione os datos que desexa copiar a Base.

    Pode introducir unha referencia de intervalo A1:X500 na Caixa de nome se non desexa desprazarse.

    Se copia unha folla de dBASE, inclúa a fila superior que contén os datos da cabeceira.

  4. Escolla Editar - Copiar.

  5. Na xanela de Base, prema Táboas para visualizar as táboas.

  6. Na xanela de Base, escolla Editar - Pegar.

  7. Móstrase a caixa de diálogo Copiar táboa. A maior parte das bases de datos precisan unha chave primaria, polo que pode querer marcar a caixa Crear chave primaria

Icona Suxestión

On Windows systems, you can also use drag-and-drop instead of Copy and Paste. Also, for registered databases, you can open the datasource browser (press + Shift + F4 keys) instead of opening the Base window.


Precisamos da súa axuda!