Editar eixes de gráfica

Para editar os eixes dunha gráfica que inseriu:

  1. Prema dúas veces na gráfica.

    Aparece un bordo gris ao redor da gráfica e a barra de menú contén agora ordes para editar os obxectos na gráfica.

  2. Escolla Formato - Eixes e, a seguir, seleccione o eixe (ou eixes) que desexe editar. Aparecerá unha caixa de diálogo.

  3. Seleccione entre as seccións dispoñíbeis e faga os cambios requiridos (por exemplo, seleccione a lapela Escala se desexa modificar a escala dos eixes).

  4. Prema en Aceptar. No documento, prema fóra da gráfica para saír do modo edición.

Precisamos da súa axuda!