Desactivar o recoñecemento automático de URL

Ao introducir texto, LibreOffice recoñece automaticamente se a palabra introducida pode ser un URL e a substitúe por unha hiperligazón. LibreOffice formata a hiperligazón con atributos de tipo de letra directos (cor e subliñado), cuxas propiedades se obteñen a partir de determinados estilos de carácter.

Se non desexa que LibreOffice recoñeza automaticamente os URLs mentres teclea, pode desactivar esta función de varias formas.

Desfacer o recoñecemento de URL

  1. When you are typing and notice that a text has just been automatically converted into a hyperlink, press +Z to undo this formatting.

  2. Se non se decata da conversión ata máis tarde, seleccione a hiperligazón e escolla a orde de menú Formato - Formatado predefinido.

Desactivar o recoñecemento de URL

  1. Cargue un documento do tipo para o cal desexa modificar o recoñecemento de URL.

    Se desexa modificar o recoñecemento de URL en documentos de texto, abra un documento de texto.

  2. Escolla Ferramentas - SQL.

  3. Na caixa de diálogo Autocorrección, seleccione o separador Opcións.

  4. Se desmarca Recoñecemento de URL, as palabras non se substituírán automaticamente por hiperligazóns.

    En LibreOffice Writer hai dúas caixas de verificación ao lado de Recoñecemento de URL. A caixa situada na primeira columna é para a edición posterior e a caixa situada na segunda columna é para a autocorrección ao teclear.

Axúdenos, por favor!