Fontwork

A barra de ferramentas Fontwork ábrese ao seleccionar un obxecto Fontwork.

Galería de Fontwork

Abre a Galería do Fontwork, na que se pode seleccionar outra vista previa. Prema en Aceptar para aplicar o novo conxunto de propiedades ao obxecto de Fontwork.

Forma Fontwork

Abre a barra de ferramentas Forma Fontwork. Prema nunha forma para aplicala aos obxectos Fontwork seleccionados.

Mesma altura de letras Fontwork

Cambia a altura das letras Fontwork dos obxectos seleccionados de normal á mesma altura para todos.

Aliñamento de Fontwork

Abre a xanela Aliñamento de Fontwork.

Prema para aplicar o aliñamento aos obxectos de Fontwork seleccionados.

Espazamento entre caracteres Fontwork

Abre a xanela Espazamento entre caracteres Fontwork.

Prema para aplicar o espazamento entre caracteres aos obxectos de Fontwork seleccionados.

Personalizado

Abre a caixa de diálogo Espazamento entre caracteres de Fontwork, onde pode introducir un valor de espazamento entre caracteres novo.

Valor

Introduza o valor de espazamento entre caracteres Fontwork.

Axuste do espazo entre pares de caracteres

Activa ou desactiva o espazo entre caracteres en pares de caracteres.

Precisamos da súa axuda!