Ficheiro

Menú Ficheiro dunha xanela de base de datos. Lístanse só as entradas específicas das bases de datos.

Gardar

Garda o ficheiro, consulta, formulario ou informe da base de datos actual. Para o ficheiro de base de datos, use a caixa de diálogo degravación de ficheiros. Para os demais obxectos, use a caixa de diálogo Gardar.

Gardar como

Garda o ficheiro da base de datos actual con outro nome. Na caixa de diálogo degravación de ficheiros, seleccione o camiño e nome do ficheiro que se vai gardar.

Exportar

Exporta o informe ou formulario seleccionado a un documento de texto. Créase un informe dinámico como copia dos contidos da base de datos no momento da exportación.

Enviar

Abre un submenú.

Documento como correo electrónico

Abre o aplicativo de correo electrónico predefinido para enviar un correo electrónico. O ficheiro da base de datos actual engádese como anexo. Pode introducir o asunto, os destinatarios e o corpo da mensaxe.

Informe como correo electrónico

Abre o aplicativo de correo electrónico predefinido para enviar correos electrónicos. O informe seleccionado engádese como anexo. Pode introducir o asunto, os destinatarios e o corpo da mensaxe. No momento da exportación créase un informe dinámico como copia dos contidos da base de datos.

Informe a documento de texto

Exporta o informe seleccionado a un documento de texto. Créase un informe dinámico como copia dos contidos da base de datos no momento da exportación.

Axúdenos, por favor!