Configurar unha conexión a ficheiros de texto

Especifica a configuración para a importación de bases de datos en formato de texto.

Nas bases de datos en formato de texto, os datos almacénanse nun ficheiro ASCII sen formato onde cada rexistro comprende unha fila. Os campos de datos divídense con separadores e o texto dos campos con comiñas.

Camiño aos ficheiros de texto

Introduza o camiño dos ficheiros de texto. Se só quere un ficheiro, use calquera extensión. Se introduce un nome de cartafol, os ficheiros de texto nel incluídos deben ter a extensión *.csv para que sexan recoñecidos como ficheiros da base de datos de texto.

Explorar

Prema para abrir unha caixa de diálogo de selección de ficheiros.

Ficheiros de texto simple (*.txt)

Prema para acceder aos ficheiros txt.

Ficheiros Valores separados por comas (*.csv)

Prema para acceder aos ficheiros csv.

Personalizado

Prema para acceder aos ficheiros personalizados. Introduza a extensión na caixa de texto.

Separador de campo

Introduza ou seleccione o carácter que separa os campos de datos no ficheiro de texto.

Separador de texto

Introduza ou seleccione o carácter que identifica un campo de texto no ficheiro de texto. Non pode utilizar o mesmo carácter como separador de campo.

Separador de decimais

Introduza ou seleccione o carácter usado como separador decimal no ficheiro de texto, por exemplo, un punto (0.5) ou unha coma (0,5).

Separador de millares

Introduza ou seleccione o carácter usado como separador de millares no ficheiro de texto, por exemplo, unha coma (1,000) ou un punto (1.000).

Asistente de bases de datos

Precisamos da súa axuda!