Conexión con LDAP

Especifica a configuración para a importación de bases de datos con LDAP (Lightweight Directory Access Protocol). Esta páxina só está dispoñíbel se rexistrou un servidor LDAP como base de datos de enderezos.

URL de servidor

Introduza o nome do servidor LDAP utilizando o formato "ldap.server.com".

Base DN

Introduza o punto de inicio da busca da base de datos LDAP, por exemplo, "dc=com".

Número de porto

Introduza o porto do servidor LDAP. Normalmente é o 389.

Usar conexión segura (SSL)

Crea unha conexión segura co servidor LDAP a través de SSL (Secure Sockets Layer). As conexións SSL utilizan por defecto o porto 636 e as comúns o 389.

Precisamos da súa axuda!