Propiedades Avanzadas

Especifica opcións da base de datos.

Para acceder a esta orde...

escolla Editar - Base de datos - Propiedades e prema no separador Propiedades avanzadas


A dispoñibilidade dos seguintes controis depende do tipo de base de datos:

Camiño aos ficheiros dBASE

Introduza o camiño do cartafol que contén os ficheiros dBASE.

Icona Aviso

Ensure that the *.dbf file name extension of the dBASE files is lowercase.


Explorar

Abre a caixa de diálogo en que pode seleccionar un ficheiro ou cartafol.

Proba de conexión

Proba a conexión da base de datos coa configuración actual.

Camiño aos ficheiros de texto

Introduza o camiño ao cartafol que contén os ficheiros de texto.

Camiño ao documento de folla de cálculo

Introduza o camiño ao documento de folla de cálculo que desexa usar como base de datos.

Nome da fonte de datos ODBC do seu sistema

Introduza o nome da fonte de datos ODBC.

Nome do usuario

Introduza o nome de usuario necesario para acceder á base de datos.

Necesítase un contrasinal

Se está marcada, o usuario deberá introducir o contrasinal para acceder á base de datos.

Nome da base de datos

Introduza o nome da base de datos.

Nome da base de datos MySQL

Introduza o nome da base de datos MySQL que desexa usar como fonte de datos.

Nome da base de datos Oracle

Introduza o nome da base de datos Oracle que desexa usar como fonte de datos.

Ficheiro da base de datos de Microsoft Access

Introduza o nome do ficheiro da base de datos de Microsoft Access que desexa usar como fonte de datos.

Nome de servidor

Introduza o nome do servidor da fonte de datos LDAP.

URL da fonte de datos

Introduza a localización da fonte de datos JDBC en forma de URL.

Controlador JDBC

Introduza o nome do controlador JDBC que se conecta coa fonte de datos.

Proba de clase

Proba a conexión da base de datos a través da clase de controlador JDBC.

Seleccione unha base de datos

Seleccione unha base de datos da lista ou prema en Crear para crear unha nova base de datos.

Precisamos da súa axuda!