Consultas
Unha «consulta» é unha visualización especial dunha táboa. As consultas poden mostrar determinados rexistros ou campos dos rexistros e, se é necesario, poden ordenar estes rexistros. Unha consulta pode aplicarse a unha táboa ou a varias, se estas enlázanse a través de campos de datos en común.
As consultas serven para localizar rexistros nas táboas de datos segundo criterios específicos. Na entrada Consultas, que tamén recibe o nome de "Depósito de consultas", lístanse as entradas creadas para as bases de datos.
Impresión de consultas
Para imprimir unha consulta ou táboa:
-
Abra un documento de texto (ou un documento de folla de cálculo, se prefire as súas funcións de impresión).
-
Abra o ficheiro da base de datos e prema na icona de Táboa se desexa imprimir táboas ou na icona de Consulta para imprimir consultas.
-
Arrastre o nome da consulta ou táboa á folla de cálculo ou documento de texto. Iso abrirá a caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos.
-
Decida que columnas = campos de datos desexa incluír. Tamén pode premer no botón Formato automático e seleccionar o tipo de formatado correspondente. Peche a caixa de diálogo.
A consulta ou táboa inserirase no seu documento.
-
Imprima o documento, escollendo Ficheiro - Imprimir.
Tamén pode abrir a vista de fonte de datos (Ctrl+Maiús+F4), seleccionar a táboa da base de datos enteira na vista de fonte de datos (prema no recanto superior esquerdo da táboa) e arrastrar a selección para un documento de texto ou folla de cálculo.
Ordenación e filtraxe de datos
Permite ordenar e filtrar os datos nunha táboa de consulta.
Deseño de consulta
Con Deseño de consulta pode crear e editar unha consulta ou visualización.
Consultar en varias táboas
O resultado da consulta pode conter datos de varias táboas no caso de que estean ligadas entre si polos campos de datos adecuados.
Formulación de criterios de consulta
Pode indagar que operadores e ordes pode utilizar para formular as condicións de filtraxe dunha consulta.
Execución de funcións
Pode facer cálculos cos datos da táboa e almacenar os resultados das consultas.