Fonte de datos de enderezos

Este asistente rexistra unha axenda de enderezos existente como fonte de datos en LibreOffice.

Para acceder a esta orde...

Menú Ficheiro - Asistentes - Fonte de datos de enderezos.


Pode rexistrar datos de enderezos e outras fontes de datos en LibreOffice en calquera momento:

Rexistrar axendas de enderezos

Seleccione o tipo de axenda externa de enderezos

Non todos os tipos están dispoñíbeis en todos os sistemas.

Firefox

Seleccione esta opción se xa emprega un caderno de enderezos no Firefox ou no Iceweasel.

Thunderbird

Seleccione esta opción se xa utiliza unha axenda de enderezos en Thunderbird.

Caderno de enderezos de KDE

Seleccione esta opción se xa utiliza unha axenda de enderezos no Thunderbird.

Caderno de enderezos de macOS

Seleccione esta opción se xa emprega un caderno de enderezos no caderno de enderezos de macOS.

Evolution

Seleccione esta opción se xa utiliza unha axenda de enderezos no Evolution.

LDAP do Evolution

Seleccione esta opción se xa utiliza unha axenda de enderezos en Evolution LDAP.

Groupwise

Seleccione esta opción se xa utiliza unha axenda de enderezos no Groupwise.

Outra fonte de datos externa

Seleccione esta opción se desexa rexistrar outra fonte de datos como axenda de enderezos en LibreOffice.

Cancelar

Sae do asistente sen aplicar ningún cambio.

Volver

Permítelle ver as seleccións feitas nos pasos anteriores. Gárdase a configuración actual.

Seguinte

Garda a configuración actual e pasa á seguinte páxina.

Crear

Estabelece a conexión coa fonte de datos e pecha a caixa de diálogo.

Precisamos da súa axuda!