Asistente de conversión de euros

Converte a euros as cantidades noutras moedas que se atopen nos documentos do Calc do LibreOffice e nos campos e táboas do Writer do LibreOffice.

Só se converten os ficheiros pechados. É posíbel, no entanto, utilizar o Conversor de euros nun documento de Calc aberto. Nese caso, ábrese unha caixa de diálogo independente, descrita ao final desta sección.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Conversor de euros.


Icona Aviso

Só se converten moedas de países integrados na Unión Monetaria Europea.


Extensión

Documento único do Calc do LibreOffice

Converte un único ficheiro do Calc do LibreOffice. Para converter campos e táboas no Writer do LibreOffice marque primeiro a opción Converter tamén campos e táboas de documentos de texto.

Todo o cartafol

Converte todos os documentos e modelos do Calc do LibreOffice e do Writer do LibreOffice que haxa no directorio seleccionado.

Moedas

Indica que moeda se ha converter a euros.

Cartafol fonte/Documento fonte

Indica o directorio ou o nome do único documento que se ha converter.

...

Abre un diálogo para seleccionar o directorio ou documento desexados.

Incluír subcartafoles

Indica se se inclúen todos os subcartafoles do directorio seleccionado.

Converter tamén campos e táboas en documentos de texto

Converte as cantidades en moedas atopadas en campos e táboas dos documentos do Writer do LibreOffice.

Icona Aviso

Os valores do documento de texto situados fóra dos campos ou táboas non se converten.


Desprotexer temporalmente a folla sen consulta

Indica que a protección de folla estará desactivada durante a conversión e reactivada a continuación. Se a protección de folla está cuberta por un contrasinal, verá un diálogo para introducir o contrasinal.

Cartafol de destino

Indica o cartafol e ruta na que se han gardar os ficheiros convertidos.

...

Abre un diálogo no que se pode seleccionar un directorio para que conteña os ficheiros convertidos.

Cancelar

Pecha o Conversor de euros.

Axuda

Activa a axuda do diálogo.

Converter

Inicia a conversión.

Durante a conversión móstrase unha páxina informativa do seu progreso.

Volver

Volve á primeira páxina do Conversor de euros.

Se o documento actual é un documento ou modelo do Calc do LibreOffice, pódese invocar o Conversor de euros empregando a icona correspondente da barra Ferramentas. A icona está agochada por omisión. Para mostrar a icona do Conversor de euros, prema na frecha que hai no final da barra Ferramentas, seleccione a orde Botóns visíbeis e active a icona do Conversor de euros.

Icona

Conversor de euros

A caixa de diálogo Conversor de euros contén as seguintes funcións:

Todo o documento

Converte o documento enteiro.

Moedas

Indica a moeda que se ha converter en euros.

Selección

Se non marcou a caixa de verificación Documento completo terá que seleccionar as celas que desexe converter neste intervalo. Seleccione unha opción e, a seguir, prema nas entradas desexadas no campo Modelos/Intervalos monetarios. O intervalo seleccionado móstrase como tal no documento. Prema en Converter para realizar a conversión.

Estilos de cela

Convértense todas as celas cos estilos de cela seleccionados.

Celas de moeda na folla actual

Convértense todas as celas de moeda da folla de cálculo activa.

Celas de moeda en todo o documento

Convértense todas as celas de moeda do documento activo.

Intervalo seleccionado

Convértense todas as celas de moeda do intervalo seleccionado antes de que o conversor fose invocado. Todas as celas deben ter o mesmo formato para poderen ser recoñecidas como intervalo seleccionado.

Intervalos monetarios/Modelos

Mostra os intervalos que se han converter da lista.

Precisamos da súa axuda!