Continuación do conversor de documentos

Indica, para cada tipo de modelo e de documento, o cartafol de lectura e o de gravación.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes - Conversor de documentos


Modelos

Determina se os modelos deben converterse e como.

Modelos de texto

Teña en conta que a etiqueta «Modelos de texto» cambia segundo as seleccións feitas na páxina anterior. Por exemplo, se os documentos seleccionados son do Word da Microsoft, na etiqueta aparece «Modelos de Word».

Indica que modelos se han converter.

Incluír subcartafoles

Indica que os tamén se han examinar os subdirectorios do directorio seleccionado na busca de ficheiros coincidentes.

Importar de

Indica que directorio contén os ficheiros orixinais.

Gardar en

Indica en que directorio escribir os ficheiros de destino.

...

Abre un diálogo para seleccionar a ruta desexada.

Documentos

Determina se os documentos se converten e como.

Documentos de texto

Teña en conta que a etiqueta «Documentos de texto» cambia segundo as seleccións feitas na páxina anterior. Por exemplo, se os documentos seleccionados son do Word da Microsoft, na etiqueta aparece «Documentos de Word».

Indica que os documentos han ser convertidos.

Incluír subcartafoles

Indica que os tamén se han examinar os subdirectorios do directorio seleccionado na busca de ficheiros coincidentes.

Importar de

Indica que directorio contén os ficheiros orixinais.

Gardar en

Indica en que directorio escribir os ficheiros de destino.

...

Abre un diálogo para seleccionar a ruta desexada.

Pode continuar na páxina seguinte do Conversor de documentos.

Precisamos da súa axuda!