Asistente de elementos de grupo: Campo de base de datos

Esta páxina é visíbel se está ligada a unha base de datos. Indica se os valores de referencia deben gardarse na base de datos.

Indique onde gardar os valores de referencia. Un valor de referencia pode representar o estado actual da caixa de grupo nunha base de datos.

Para acceder a esta orde...

No deseño de formulario, prema na icona Caixa de grupo da barra de ferramentase empregue o rato para crear un marco - Asistentes páxina 4, debe haber unha conexión a base de datos.


Icona Nota

Esta páxina só se mostra se xa está ligada a unha base de datos.


Desexa gardar o valor nun campo de base de datos?

Si, gardar no seguinte campo:

Indica que vostede desexa gardar os valores de referencia nunha base de datos. Os valores escríbense no campo de datos seleccionado na lista de opcións. A lista de opcións mostra todos os nomes de campo da táboa da base de datos á que está ligado o formulario.

Caixa de lista

Non, gardar só no formulario.

Indica que desexa gardar os valores de referencia só no formulario e non na base de datos.

Precisamos da súa axuda!