Asistente de elementos de grupo: Selección de campo predefinido

Determina que se vai seleccionar un campo de opción como predefinido.

A configuración predefinida acéptase ao abrir o formulario en modo usuario. Esta configuración determina a propiedade de control Estado predefinido.

Para acceder a esta orde...

No deseño de formulario, prema na icona Caixa de grupo da barra de ferramentase empregue o rato para crear un marco - Asistentes páxina 2.


Desexa seleccionar un campo de opción como predefinido?

Indica se desexa facer a configuración predefinida da caixa de opción.

Si, o seguinte:

Indica que desexa seleccionar como predefinido un campo de opción tras abrir o formulario. Escolla o campo de opción na caixa.

Caixa de lista

Seleccione o campo de opción que desexa que apareza como predefinido ao abrir o formulario.

Non, non seleccionar ningún campo en particular

Indica que non desexa seleccionar ningún campo de opción como predefinido.

Precisamos da súa axuda!