Asistente de elementos de grupo

O asistente de elementos de grupo iníciase automaticamente ao inserir unha caixa de grupo nun documento.

Para acceder a esta orde...

No deseño de formulario, prema na icona Caixa de grupo da barra de ferramentase empregue o rato para crear un marco.


Asistente de elementos de grupo: Datos

Indica os campos de opción contidos na caixa de grupo.

Asistente de elementos de grupo: Selección de campo predefinido

Determina que se vai seleccionar un campo de opción como predefinido.

Asistente de elementos de grupo: Valores de campo

Atribúe un valor de referencia a cada campo de opcións.

Asistente de elementos de grupo: Campo de base de datos

Esta páxina é visíbel se está ligada a unha base de datos. Indica se os valores de referencia deben gardarse na base de datos.

Asistente de elementos de grupo: Crear grupo de opcións

Indica unha etiqueta para o grupo de opcións.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Crear

Crea o obxecto.

Precisamos da súa axuda!