Exportar HTML - Páxina 3

Indica o tipo de imaxes e a resolución da pantalla de destino.

Para acceder a esta orde...

Menú do Draw do LibreOffice ou do Impress do LibreOffice Ficheiro - Exportar, seleccione o tipo de ficheiro HTML, páxina 3 do asistente.


Gardar imaxes como

Determina o formato da imaxe. Tamén pode definir o valor de compresión para a exportación.

PNG - Formato de gráficos de rede portátiles

Os ficheiros expórtanse como ficheiros PNG. Os ficheiros PNG están comprimidos sen perda de datos e poden conter máis de 256 cores.

GIF (Graphics Interchange Format)

Os ficheiros expórtanse como ficheiros GIF. Os ficheiros GIF comprímense sen perda de datos e teñen un máximo de 256 cores.

Formato comprimido JPG

Os ficheiros expórtanse como ficheiros JPEG. Os ficheiros JPEG están comprimidos, con compresión axustábel, e poden conter máis de 256 cores.

Calidade

Indica o factor de compresión do gráfico JPEG. Un valor de 100% ofrece a maior calidade para un intervalo de datos grande. O factor de 25% indica ficheiros menores con calidade de imaxe inferior.

Resolución de monitor

Define a resolución para a pantalla de destino. Dependendo da resolución seleccionada, a imaxe móstrase en tamaño reducido. Pode especificar unha redución do tamaño orixinal de ata 80%.

Resolución baixa (640x480 píxeles)

Seleccione unha resolución baixa para manter o tamaño de ficheiro reducido, mesmo para presentacións con moitas diapositivas.

Resolución media (800x600 píxeles)

Seleccione unha resolución media para unha presentación de tamaño mediano.

Resolución alta (1024x768 píxeles)

Seleccione unha resolución alta para unha visualización de diapositivas de alta calidade.

Exportar

Exportar sons ao avanzar a diapositiva

Indica que se exportan os ficheiros de son definidos como efectos de transición.

Precisamos da súa axuda!