Exportar a HTML - Páxina 2

Determina o tipo de publicación.

Pode indicar se desexa incluír marcos, crear un título ou mostrar notas de presentación.

Para acceder a esta orde...

Menú do Draw do LibreOffice ou do Impress do LibreOffice Ficheiro - Exportar, seleccione o tipo de ficheiro HTML, páxina 2 do asistente.


Tipo de publicación

Indica a configuración básica para a exportación pretendida.

Formato HTML estándar

Crea páxinas HTML estándar a partir de páxinas de exportación.

HTML estándar con marcos

Crea páxinas HTML estándar con marcos. A páxina exportada sitúase no marco principal e o marco da esquerda mostra un índice en forma de hiperligazóns.

Crear portada

Crea unha portada para o documento.

Indica que se mostren tamén as súas notas.

Automático

Crea unha presentación HTML predefinida como unha exportación de quiosco, en que as diapositivas avanzan automaticamente despois dun tempo determinado.

Como indicado no documento

A transición da diapositiva depende do intervalo que defina na presentación para cada diapositiva. Se define unha transición manual de páxina, a presentación HTML introduce unha nova páxina ao premer calquera tecla.

Automático

A transición de páxinas faise automaticamente tras o tempo especificado e non depende do contido da presentación.

Duración da presentación

Define o tempo de exhibición de cada diapositiva.

Continuo

Reinicia automaticamente a presentación HTML despois da exhibición da última diapositiva.

WebCast

Nunha exportación a WebCast xéranse scripts automáticos con compatibilidade con Perl ou ASP. Isto permite que o falante (por exemplo, un falante nunha conferencia telefónica que empregue unha presentación de diapositivas na Internet) cambie as diapositivas nos navegadores web da audiencia. Pode atopar máis informaicón sobre WebCast máis abaixo nesta sección.

ASP (Active Server Pages)

Se selecciona a opción ASP , a exportación WebCast crea páxinas ASP. Teña en conta que as presentacións HTML só as ofrecen servidores web con soporte para ASP.

Perl

Utilizado pola exportación WebCast para crear páxinas HTML e scripts Perl.

URL para ouvintes

Indica o URL (absoluto ou relativo) que debe introducir o usuario para ver a presentación.

URL para presentación

Indica o URL (absoluto ou relativo) onde se gardou a presentación HTML creada no servidor web.

URL para scripts en Perl

Indica o URL (absoluto ou relativo) para os scripts en Perl xerados.

Máis información sobre a exportación WebCast

Existen dúas opcións para a exportación de presentacións do Impress do LibreOffice mediante a tecnoloxía WebCast: ASP (Active Server Pages) e Perl.

Icona Aviso

En ambos os casos, a tecnoloxía WebCast necesita un servidor de HTTP con soporte para scripts en Perl ou ASP. Por tanto, a opción de exportación depende de que servidor de HTTP se utilice.


WebCast en ASP

Exportación

Non utilice o mesmo cartafol para dúas exportacións de HTML diferentes.

Uso de WebCast ASP

Pode usar WebCast cando sexa posíbel acceder aos ficheiros de exportación desde un servidor de HTTP.

Exemplo:

Supoñamos que instalou Microsoft Internet Information Server no no seu computador. Introduciu o cartafol «c:\Inet\wwwroot\presentacion» como cartafol de saída de HTML durante a instalación de IIS. O URL do seu computador é: «http://omeuservidor.gal».

O público pode ver a diapositiva seleccionada polo presentador a través do URL http://omeuservidor.gal/presentacion/webcast.asp. Non é posíbel ir a outras diapositivas localizadas neste URL, a non ser que se coñezan os nomes dos ficheiros. Asegúrese de que o servidor de HTTP non mostre a lista de cartafoles.

WebCast a través de Perl

Exportación

Uso de WebCast Perl

Os ficheiros creados durante a exportación teñen que configurarse no servidor de HTTP compatíbel con Perl. Isto non pode facerse automaticamente debido á variedade de servidores HTTP con soporte Perl. Os pasos que debe seguir descríbense a continuación. Consulte o manual do servidor ou pregunte ao administrador de rede como aplicar eses pasos no servidor.

Agora debería poder utilizar WebCast.

Exemplo:

Neste exemplo, vostede dispón dun computador Linux cun servidor de HTTP. O URL do seu servidor de HTTP é http://omeuservidor.gal e o cartafol de saída dos seus documentos HTML é //user/local/http/. As súas scripts Perl localízanse no cartafol //user/local/http/cgi-bin/. Introduza segredo.htm como nome do ficheiro de exportación e presentacion.htm como o URL para ouvintes. Na caixa de texto URL para presentación, teclee http://omeuservidor.gal/presentacion/; na caixa de texto URL para scripts Perl, introduza http://omeuservidor.gal/cgi-bin/.

O presentador pode realizar a presentación cando conclúa a instalación dos ficheiros Perl. Os ouvintes poden ver esa presentación no URL http://omeuservidor.gal/presentacion/presentacion.htm.

Precisamos da súa axuda!