Asistente de informes- Escoller deseño

Escolla o deseño de entre os diferentes modelos e estilos, así como a orientación vertical ou horizontal da páxina.

Para acceder a esta orde...

Prema en Usar o asistente para crear un informe na xanela do ficheiro de base de datos.


Deseño dos datos

Define un conxunto de estilos para o informe. Os estilos atribúen tipos de letra, sangrías, fondos de táboa, etc.

Deseño das cabeceiras e pés de páxina

Define un deseño de páxina para o informe. Os deseños de páxina cárganse a partir de ficheiros modelo, que atribúen unha cabeceira, un rodapé e o fondo da páxina.

Orientación

Escolla a orientación da páxina para o informe.

Horizontal

Selecciona unha páxina de orientación horizontal para o informe.

Vertical

Selecciona unha páxina de orientación vertical para o informe.

Máis información sobre o Asistente de informes - Crear informe

Precisamos da súa axuda!