Asistente de fax
Abre o Asistente de fax. O asistente axuda a crear modelos de documentos de fax. Pode imprimir os documentos de fax nunha impresora ou nunha máquina de fax, se dispón de software controlador.
O LibreOffice inclúe unha mostra de documento de fax, que pode personalizar coa axuda do asistente segundo as súas necesidades. O asistente guíao paso a paso na creación do modelo de documento e ofrécelle múltiplas opcións de deseño. A previsualización móstralle a aparencia provisional do fax que está a configurar.
No asistente pode modificar en calquera momento as entradas e opcións, así como saltarse unha ou todas as súas páxinas, en cuxo caso se mantén a configuración actual (ou a predefinida).
Volver
Prema no botón Volver para ver o configurado na páxina anterior. A configuración actual non se modifica nin elimina. Este botón móstrase activo a partir da segunda páxina.
Seguinte
O asistente garda a configuración e avanza á seguinte páxina. O botón Seguinte fica inactivo ao chegar á última páxina.
Rematar
O asistente crea un modelo de documento a partir das opcións seleccionadas e gárdao. Móstrase na área de traballo un novo documento baseado no modelo, co nome de ficheiro «SentítuloX».