Asistentes

Guíano na creación de cartas comerciais e persoais, fax, axendas, presentacións, etc.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Asistentes.


Carta...

Inicia o asistente de modelos de carta.

Fax...

Abre o Asistente de fax. O asistente axuda a crear modelos de documentos de fax. Pode imprimir os documentos de fax nunha impresora ou nunha máquina de fax, se dispón de software controlador.

Axenda...

Inicia o asistente para axudalo a crear un modelo de axenda.

Conversor de documentos...

Copia e converte documentos ao formato XML de OpenDocument usado por LibreOffice.

Conversor de euros

Converte a euros as cantidades noutras moedas que se atopen nos documentos do Calc do LibreOffice e nos campos e táboas do Writer do LibreOffice.

Fonte de datos de enderezos

Este asistente rexistra unha axenda de enderezos existente como fonte de datos en LibreOffice.

Precisamos da súa axuda!