Axuda do LibreOffice

As páxinas de axuda do LibreOffice móstranse no navegador web predeterminado do seu sistema.

As referencias da Axuda sobre a configuración predeterminada do programa nun sistema que está configurado de modo predeterminado. As descricións de cores, accións do rato ou outros elementos poden ser diferentes entre o programa e o sistema.

Icona Aviso

O sistema de axuda de todas as versións do software baséase nos mesmos ficheiros fonte. Algunhas das funcións descritas na axuda poden non estar incluídas nesta distribución en particular. Algunhas características específicas dunha distribución poden non ser mencionadas nesta axuda.


Icona Nota

As páxinas de axuda das extensións do LibreOffice aínda empregan o sistema de axuda antiga. As páxinas de axuda do sistema de axuda antigo están dispoñíbeis aquí.


Os recursos das páxinas de axuda do LibreOffice

A lista de módulos

Situados na parte superior da páxina, prema para abrir a lista despregábel e seleccione o módulo do LibreOffice para mostrar a páxina principal de entrada da axuda do módulo.

A lista de idiomas (só para a axuda na rede).

Dispoñíbel só na versión na rede, seleccione o idioma no que mostrar a páxina de axuda actual.

O índice analítico da axuda

O índice analítico da axuda mostra unha lista das palabras chaves de todos os módulos do LibreOffice. Prema en calquera palabra chave da lista para abrir a páxina de axuda ligada.

Buscar no índice analítico da axuda

Escriba a palabra chave na caixa Procurar. A busca realízase inmediatamente, segundo vai escribindo a palabra chave.

Os resultados das buscas aparecen como unha lista filtrada de coincidencias. O nome do módulo aparece como título da lista. O título GLOBAL indica unha coincidencia de palabras chave relevante para máis de un módulo do LibreOffice. Por exemplo, os bordos de cela aplícanse tanto ás celas das follas de cálculo como ás celas de táboa ou marcos de textos e presentacións.

Empregue as iconas das frechas do fondo do índice analítico para ir para adiante e para atrás das entradas do índice analítico ou lista filtrada de resultados.

Índice - Temas principais da Axuda

Mostra un índice dos principais temas de todos os módulos.

Uso do navegador para a axuda do LibreOffice

Navegar polas páxinas de axuda

Empregue os botóns Atrás e Adiante do navegador para navegar entre as páxinas. Na maioría dos navegadores ao premer durante certo tempo no botón Atrás móstrase unha lista despregábel das páxinas visitadas e premer durante certo tempo no botón Adiante mostra unha lista de páxinas visitades despois da actual.

Marcar as páxinas de axuda

Use a funcionalidade de marcadores do navegador para acceder rapidamente ás páxinas de axuda relevantes. Para marcar unha páxina na maioría dos navegadores:

  1. Abra o menú Marcador do navegador,

  2. seleccione Engadir marcador ou

    Prema +D na maioría dos navegadores.

  3. Introduza o nome, cartafol e etiquetas significativas do marcador.

  4. Peche o diálogo de marcadores do navegador web.

Historial de navegación das páxinas de axuda

Cada páxina de axuda visitada fica gravada no historial do navegador. Para abrir o historial de navegación:

  1. Escolla o menú Historial do navegador web,

  2. Seleccione Mostrar historial.

  3. Prema nunha entrada da xanela principal do historial para abrir a páxina de axuda correspondente.

Copiar contido da axuda para o portapapeis

Pode copiar o contido da páxina de axuda para o portapapeis do seu sistema operativo coas ordes de copiado habituais. Por exemplo:

  1. Nunha páxina de axuda, seleccione o texto que desexe copiar.

  2. Prema +C.

Pódese copiar algún contido das páxinas de axuda ao portapapeis do sistema con só un clic do rato. Nestes casos aparece unha suxestión ao pasar o rato sobre o contido activado para o copiado. Por exemplo, a liña seguinte está activada para o copiado:

=SUMA(A1:A10)

Buscar na páxina actual

Para buscar na páxina de axuda actual:

  1. Abra o menú Ver do navegador web predeterminado e escolla a entrada Atopar nesta páxina.

    Tamén pode premer +F.

  2. Na caixa Buscar introduza o texto que desexe atopar.

  3. Seleccione as opcións de busca que desexe usar.

  4. Prema Intro.

Para atopar a aparición seguinte do termo de busca na páxina, prema en Frecha para arriba ou Frecha para abaixo para atopar a aparición anterior ou seguinte.

Información xeral do contido

Iconas usadas na documentación

Hai tres iconas destinadas a chamar a súa atención sobre a utilidade da información adicional.

Icona Aviso

A icona Importante! salienta información importante relacionada coa seguranza dos datos ou do sistema.


Icona Nota

A icona Nota salienta información extra: por exemplo, maneiras alternativas de atinxir un obxectivo.


Icona Suxestión

A icona Suxestións salienta suxestións para traballar co programa dun xeito máis eficiente.


Precisamos da súa axuda!