Xestión de marcadores
Utilice a icona Engadir a marcadores para inserir un marcador na páxina de Axuda mostrada.
Os marcadores encóntranse no separador Marcadores.
-
Ao premer dúas veces nun marcador ou ao premer na tecla Intro, ábrese a páxina designada na axuda. Premer co botón dereito do rato abre o menú de contexto.
-
Empregue a tecla Supr para eliminar o marcador seleccionado.
Nos menús de contexto dos marcadores encóntranse as seguintes ordes:
-
Mostrar - mostra o tema de axuda seleccionado.
-
Renomear - abre unha caixa de diálogo onde pode introducir outro nome para o marcador.
-
Suprimir - suprime o marcador seleccionado.