Índice analítico - Busca de palabras chave na Axuda

Pode buscar un tema específico se teclea unha palabra na caixa de texto Termo de busca. A xanela contén unha lista alfabética de termos do índice analítico.

Se o cursor está situado na lista do índice mentres teclea o termo de busca, a visualización salta directamente á seguinte correspondencia. Cando teclea unha palabra na caixa de texto Termo de busca, enfócase a correspondencia máis achegada na lista do índice analítico.

Icona Suxestión

As buscas no índice analítico e en todo o texto sempre se realizan no aplicativo LibreOffice seleccionado nese momento. Escolla o aplicativo apropiado mediante a caixa de lista situada na barra de ferramentas do visualizador da Axuda.


Precisamos da súa axuda!