Obter asistencia

Pode obter asistencia no sitio web do LibreOffice en www.libreoffice.org.

Consulte o ficheiro Léame do cartafol de LibreOffice se desexa ver un resumo dos servizos de asistencia ofrecidos.

Páxinas de axuda no idioma local

O proxecto de localización do LibreOffice ofrece páxinas de asistencia nos idiomas locais. Pode atopar unha vista xeral dos proxectos de idiomas nativos en www.libreoffice.org/community/nlc/. Pode atopar axuda e asistencia en inglés no sitio web do LibreOffice en www.libreoffice.org.

Listas de correo

Pregunte sobre LibreOffice, atope axuda ofrecida por voluntarios e trate de temas nas listas de correo públicas. Pode atopar moitas listas de correo xerais e especializadas no sitio web do LibreOffice en www.libreoffice.org/get-help/mailing-lists/.

Foro

Pode acceder a foros web para preguntar e responder a preguntas sobre o LibreOffice. Escolla o menú Axuda - Obter axuda na rede... para acceder ao foro no seu idioma.

Seguranza

No caso de lle preocupar algún tema de seguranza con este software pode contactar cos desenvolvedores na súa lista de correo pública. Se desexa tratar dun problema con outros usuarios, envíe unha mensaxe de correo á lista de correo pública users@libreoffice.org.

Descargas

Pode descargar a versión máis recente do LibreOffice en www.libreoffice.org/download/.

Documentación

Pode descargar documentación como ficheiros PDF, COMOs e guías do sitio de documentación do LibreOffice en documentation.libreoffice.org. Tamén pode acceder ao sitio web de documentación escollendo o menú Axuda - Guías de usuario....

Participe e contribúa

Se quere ter un rol efectivo na comunidade global de LibreOffice, será moi benvido tanto para comentar, discutir as características, propoñer melloras, escribir un artigo de FAQ, un manual how-to, crear un videotutorial, etc.

Visite a páxina Implíquese do sitio web e siga as ligazóns para colaboradores.

Precisamos da súa axuda!