Teclas de atallo xerais en LibreOffice

Icona Nota

Algunha tecla de atallo podería estar atribuída ao sistema e non estar dispoñíbel para LibreOffice. Tente atribuír teclas diferentes para LibreOffice, en Ferramentas - Personalizar - Teclas, ou no seu sistema.


Uso das teclas de atallo

É posíbel acceder a boa parte da funcionalidade da aplicación empregando teclas de atallo. Por exemplo, os atallos aparecen a carón da entrada Abrir no menú Ficheiro. Se desexa acceder a esta función empregando as teclas de atallo, manteña premida a tecla e prema a tecla O. Solte ambas as dúas teclas cando apareza o diálogo.

Case todas as operacións do aplicativo poden efectuarse co rato ou co teclado indistintamente.

Uso das teclas de atallo nas caixas de diálogo de control

Sempre hai un elemento realzado en calquera diálogo - normalmente sinalado cun marco punteado. Deste elemento, que pode ser un botón, un campo de opción, unha entrada nunha caixa de lista ou nunha caixa de opción, dise que ten o foco. Se o foco está nun botón, ao premer Intro execútase como se se premese nese botón. Unha caixa de opción alterna ao premer a barra espaciadora. Se un campo de opción ten o foco, empregue as teclas de frecha para cambiar o campo de opción activado nesa área. Empregue a tecla tabulador para ir dun elemento ou área á seguinte e empregue Maiús+tabulador para ir en dirección contraria.

Ao premer Esc péchase o diálogo sen gardar os cambios.

Teclas de atallo para accións do rato

Se está a usar arrastrar e soltar, seleccionando co rato ou premendo obxectos e nomes, pode empregar as teclas Shift, e, ocasionalmente, para acceder a funcionalidade adicional. As funcións modificadas dispoñíbeis ao manter premidas teclas durante o arrastre e solte indícanse co cambio de forma do punteiro do rato. Ao seleccionar ficheiros e outros obxectos, as teclas modificadoras poden estender a selección - as funcións explícanse onde corresponde.

Campos prácticos de entrada de texto

  1. Pode abrir un menú de contexto que contén algunha das ordes máis usadas.

  2. Empregue +A para seleccionar o texto enteiro. Empregue as teclas de frecha á dereita ou á esquerda para retirar a selección.

  3. Prema dúas veces nunha palabra para seleccionala.

  4. Se preme tres veces nun campo de entrada de texto selecciona todo o campo, se o fai nun documento de texto selecciona a frase completa.

  5. Empregue +Supr para eliminar todo desde a posición do cursor até o final da palabra.

  6. Ao usar e a tecla de frecha á dereita ou á esquerda, o cursor salta de palabra en palabra; se tamén mantén premida a tecla Maiús, vaise seleccionando unha palabra atrás doutra.

  7. Insert emprégase para alternar entre o modo de inserción e o modo de substitución e á inversa.

  8. É posíbel usar a función de arrastrar e soltar dentro e fóra das caixas de texto.

  9. Os atallos +Z empréganse para desfacer modificacións paso a paso; o texto terá o estado que tiña antes do primeiro cambio.

  1. O LibreOffice ten unha función de completado automático que se activa nalgúns textos e nas listas de selección. Introduza, por exemplo, no campo do URL, e a función completado automático mostra o primeiro ficheiro ou primeiro directorio que atope que comece pola letra «a».

  2. Empregue a tecla Frecha para abaixo para desprazarse polos outros ficheiros e directorios. Empregue a tecla Frecha para a dereita para mostrar tamén calquera subdirectorio existente no campo de URL. Dispón dun completado automático rápido ao premer na tecla Fin logo de introducir parte do URL. Unha vez atopado o documento ou directorio que desexe, prema Intro.

Interrupción de macros

Se desexa terminar unha macro que estea en execución, prema +Shift+Q.

Lista das teclas de atallo xerais de LibreOffice

As teclas de atallo móstranse no lado dereito das listas de menú, a carón da orde de menú correspondente.

Teclas de atallo para controlar caixas de diálogo

Teclas de atallo

Efecto

Tecla Intro

Activa o botón enfocado nun diálogo.

Esc

Pecha a acción ou caixa de diálogo. Se está na Axuda de LibreOffice: sobe un nivel.

Barra de espazos

Cambia a caixa de selección enfocada nas caixas de diálogo.

Teclas de frecha

Cambia o campo de control activo nunha sección de opcións das caixas de diálogo.

Tabulación

Focaliza a seguinte sección ou elemento das caixas de diálogo.

Maiús + Tab

Enfoca o elemento ou sección anterior nas caixas de diálogo.

+Frecha cara abaixo

Abre a lista do campo de control seleccionado nese momento nun diálogo. Estas teclas de atallo aplícanse non só ás caixas de selección senón tamén aos botóns de iconas con menús despregábeis. Peche unha lista aberta premendo na tecla Esc.


Teclas de atallo para controlar documentos e xanelas

Teclas de atallo

Efecto

+O

Abre un documento.

+S

Garda o documento actual.

+N

Crea un documento novo.

+Maiús+N

Abre o diálogo Modelos.

+P

Imprime o documento.

+F

Activa a barra de ferramentas Atopar.

+H

Activa a caixa de diálogoLocalizar e substituír.

+Maiús+F

Busca o último termo de busca inserido.

+Maiús+R

Debuxa de novo a visualización do documento.

+Maiús+I

Activar ou desactivar o cursor de selección no texto só de lectura.

Na Axuda de LibreOffice: salta á páxina principal.

Maiús+F2

Activa as suxestións estendidas para a orde, icona ou control seleccionados nese momento.

F6

Dálle o foco á subxanela seguinte, por exemplo, vista de documento/fonte de datos.

Maiús+F6

Enfoca a subxanela anterior.

F10

Activa o primeiro menú (menú Ficheiro).

Maiús+F10

Abre o menú de contexto.

Ctrl+Alt+Maiús+Inicio

Mostra/Agocha o menú principal.

+F4 ou +F4

Pecha o documento actual. Pecha o LibreOffice ao pechar o derradeiro documento aberto.

+Q

Sae do aplicativo.


Teclas de atallo para editar ou formatar documentos

Teclas de atallo

Efecto

+Tab

Ao situalo no inicio dunha cabeceira, insírese unha tabulación.

Intro (se foi seleccionado un obxecto OLE)

Activa o obxecto OLE seleccionado.

Intro (se está seleccionado un obxecto de debuxo ou de texto)

Activa o modo de entrada de texto.

+X

Corta os elementos seleccionados.

+C

Copia os elementos seleccionados.

+V

Pega o contido do portapapeis.

+Maiús+V

Pega texto sen formato do portapapeis. Este texto pégase usando o formato que exista no punto de inserción.

+Maiús+V

Abre a caixa de diálogo Pegado especial.

+A

Selecciona todo.

+Z

Desfai a última acción.

Refai a última acción.

+Maiús+Y

Repite a última orde.

+I

O atributo «cursiva» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se marca en cursiva.

+B

O atributo «grosa» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se pon en grosa.

+U

O atributo «subliñado» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se subliña.

Retira o formato directo do texto ou obxectos seleccionados (igual que con Formato - Limpar formato directo).


Teclas de atallo na Galería

Teclas de atallo

Efecto

Tabulación

Desprazamentos entre áreas.

Maiús + Tab

Móvese para atrás entre áreas.


Teclas de atallo na área Tema novo da Galería:

Teclas de atallo

Efecto

Frecha cara a arriba

Move a selección unha posición cara a arriba.

Frecha cara a abaixo

Move a selección cara a abaixo.

+Enter

Abre o diálogo Propiedades.

Maiús+F10

Abre o menú de contexto.

+U

Actualiza o tema seleccionado.

+R

Abre a caixa de diálogo Introducir título.

+D

Elimina o tema seleccionado.

Inserir

Insire un tema novo.


Teclas de atallo na área Vista previa da galería:

Teclas de atallo

Efecto

Inicio

Salta á primeira entrada.

Fin

Salta á última entrada.

Frecha cara á esquerda

Selecciona o seguinte elemento da Galería á esquerda.

Frecha cara á dereita

Selecciona o seguinte elemento da Galería á dereita.

Frecha cara a arriba

Selecciona o seguinte elemento da Galería situado arriba.

Frecha cara a abaixo

Selecciona o seguinte elemento da Galería situado abaixo.

Avanzar páxina

Sobe unha pantalla.

Seguinte páxina cara a abaixo

Baixa unha pantalla.

+Maiús+Insert

Insire o obxecto seleccionado no documento actual como obxecto ligado.

+I

Insire unha copia do obxecto seleccionado no documento actual.

+T

Abre a caixa de diálogo Introducir título.

+P

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Barra de espazos

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Intro

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Paso para atrás (só na vista de obxectos).

Retorna á visión xeral principal.


Selección de filas e columnas nunha táboa de base de datos (aberta coas teclas +Maiús+F4)

Teclas de atallo

Efecto

Barra de espazos

Alterna a selección de fila, excepto cando a fila está en modo edición.

+Barra espazadora

Alterna a selección de filas.

Maiús+Barra de espazos

Selecciona a columna actual.

+RePáx

Move o punteiro para a primeira fila.

+AvPáx

Move o punteiro para a derradeira fila.


Teclas de atallo para obxectos de debuxo

Teclas de atallo

Efecto

Seleccione a barra de ferramentas con F6. Empregue as teclas Frecha para abaixo e Frecha para arriba para seleccionar a icona desexada da barra de ferramentas e prema +Intro.

Insire un obxecto de debuxo.

Seleccione o documento con +F6 e prema Lapela.

Selecciona un obxecto de debuxo.

Tabulación

Selecciona o seguinte obxecto de debuxo.

Maiús + Tab

Selecciona o obxecto de debuxo anterior.

+Inicio

Selecciona o primeiro obxecto de debuxo.

+Fin

Selecciona o último obxecto de debuxo.

Esc

Finaliza a selección de obxecto de debuxo.

Esc (en modo selección de agarradoira)

Sae do Modo de selección de agarradoiras e volve ao Modo de selección de obxectos.

Frecha cara a arriba/abaixo/dereita/esquerda

Move o punto seleccionado (as funcións de axuste á grade desactívanse temporalmente mais os puntos extremos séguense axustando entre si).

+Frecha cara arriba/abaixo/esquerda/dereita

Move o obxecto de debuxo seleccionado un píxel (no Modo de selección).

Muda o tamaño dun obxecto de debuxo (no Modo de selección de agarradoiras).

Rota un obxecto de debuxo (no Modo de rotación).

Abre o diálogo de propiedades dun obxecto de debuxo.

Activa o modo selección de punto para o obxecto de debuxo seleccionado.

Barra de espazos

Selecciona un punto dun obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos) / Cancela a selección.

O punto seleccionado pestanexa unha vez por segundo.

Maiús+Barra de espazos

Selecciona un punto adicional no modo de selección de puntos.

+Tab

Selecciona o punto seguinte do obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos).

No modo de Rotación, tamén se pode seleccionar o centro de rotación.

+Maiús+Tab

Selecciona o punto anterior do obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos)

+Intro

Sitúase un novo obxecto de debuxo, de tamaño predefinido, no centro da visualización actual.

+Introducir na icona Selección

Activa o primeiro obxecto de debuxo no documento.

Esc

Deixa o modo Selección de puntos. O obxecto de debuxo selecciónase posteriormente.

Edita un punto dun obxecto de debuxo (modo de edición de puntos).

Calquera texto ou tecla numérica

Se está seleccionado un obxecto de debuxo, cambia ao modo edición e sitúa o cursor na fin do texto do obxecto de debuxo. Insírese un carácter imprimíbel.

ao crear ou mudar o tamaño dun obxecto gráfico

A posición do centro dos obxectos é fixa

Prema na tecla Maiús ao crear ou escalar un obxecto gráfico

A proporción da largura do obxecto pola altura é fixa.


Precisamos da súa axuda!