Modo gráfico

Lista os atributos de visualización do obxecto gráfico seleccionado. O obxecto gráfico incorporado ou ligado ao ficheiro non se modifica, só a visualización do obxecto.

Estilos de cela

Modo gráfico

Predefinido

A visualización do obxecto gráfico non se modifica.

Escala de grises

O obxecto gráfico móstrase en escala de grises. Un obxecto de gráfico a cores pode aparecer monocromo en escala de grises. Tamén se poden empregar as barras de desprazamento de cor para aplicarlle unha cor uniforme ao obxecto gráfico monocromo.

Branco e negro

O obxecto gráfico móstrase en branco e negro. Os valores de brillo por debaixo de 50% aparecen en negro e os por enriba de 50% aparecen en branco.

Marca de auga

Redúcese o brillo e o contraste do obxecto gráfico para utilizalo no fondo como marca de auga.

Axúdenos, por favor!