Abrir en modo deseño

Abre os formularios en modo deseño para que se poidan editar.

En modo deseño non é posíbel activar os controis do formulario nin editar o contido dos rexistros da base de datos. No entanto, pode cambiar a posición e o tamaño dos controis, editar outras propiedades e engadir ou eliminar controis.

Para acceder a esta orde...

Abra Navegador de formulario - seleccione o formulario - abra o menú de contexto - escolla Abrir en modo de deseño.

Na barra Deseño de formulario, prema

Icona

Abrir en modo deseño


Tras rematar a edición do formulario, prema co botón dereito en "Formularios" no Explorador de formularios e desmarque Abrir en modo deseño. Garde o formulario cando remate.

Icona Nota

A orde Abrir en modo deseño ignórase se o formulario está protexido contra escrita.


Precisamos da súa axuda!