Eventos

O separador Eventos permítelle atribuír unha macro a determinados eventos dun formulario.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto dun elemento seleccionado do formulario - escolla a lapela Formulario - Eventos.

Abra as barras de ferramentas Controis de formulario ou Deseño de formulario, prema na icona Formulario - lapela Eventos.


Para ligar un evento a unha macro, primeiro ten que gravar unha macro que conteña as ordes que se executarán no momento de acontecer o evento. Atribúa despois a macro ao evento premendo no botón ... situado ao seu carón. Ábrese entón a caixa de diálogo Atribuír macro, na cal pode seleccionar a macro.

As seguintes accións poden configurarse individualmente, o que significa que pode utilizar as súas propias caixas de diálogo para describir unha acción:

  1. Mostrar unha mensaxe de erro,

  1. Confirmar un proceso de eliminación (de rexistros de datos),

  1. Consultar parámetros,

  1. Verificar a entrada ao gardar un rexistro de datos.

Por exemplo, pode emitir un pedimento de "confirmación de eliminación", como "Ten a certeza de que desexa eliminar o cliente xyz?", ao eliminar un rexistro de datos.

Icona Nota

The events that are shown in the Events dialog cannot be edited directly. You can delete an event from the list by pressing the Del key.


A continuación lístanse e descríbense os eventos dos formularios que poden ligarse a macros:

Antes da acción no rexistro

O evento Antes da acción no rexistro acontece antes de modificar o rexistro actual. Por exemplo, a macro ligada pode solicitar confirmación mediante unha caixa de diálogo.

Antes de actualizar

O evento Antes de actualizar acontece antes de que se grave na fonte de datos o contido do control que o usuario modificou. A macro ligada pode, por exemplo, devolver "FALSO" para impedir esa acción.

Despois de actualizar

O evento Despois de actualizar acontece despois de gravar na fonte de datos o control modificado polo usuario.

Antes de restaurar

O evento Antes de restaurar acontece antes de restabelecer un formulario. A macro ligada pode, por exemplo, devolver "FALSO" para impedir esa acción.

O formulario restáurase cando se dá algunha destas condicións:

  1. O usuario preme nun botón (HTML) definido como botón de restauración.

  2. Créase un rexistro baleiro nun formulario ligado a unha fonte de datos. Por exemplo, no último rexistro pódese premer no botón Seguinte rexistro.

Despois de restaurar

O evento Despois de restaurar acontece despois de restabelecer un formulario.

Antes de descargar

O evento Antes de descargar acontece antes de descargar o formulario, ou sexa, antes de separalo da súa fonte de datos.

Antes de enviar

O evento Antes de enviar acontece antes de enviar os datos do formulario.

Antes de modificar o rexistro

O evento Antes de modificar o rexistro acontece antes de modificar o apuntador do rexistro actual. Por exemplo, a macro ligada pode impedir esta acción devolvendo o valor "FALSO".

Antes de recargar

O evento Antes de recargar acontece antes de recargar o formulario. O contido dos datos aínda non se actualizou.

Ao cargar

O evento Ao cargar acontece inmediatamente despois de cargar o formulario.

Ao descargar

O evento Ao descargar acontece imediatamente despois de descargar o formulario, ou sexa, despois de separalo da súa fonte de datos.

Ao recargar

O evento Ao recargar acontece inmediatamente despois de recargar o formulario. O contido dos datos xa se actualizou.

Confirmar eliminación

O evento Confirmar eliminación acontece no momento en que se eliminan os datos do formulario. Por exemplo, a macro ligada pode solicitar que se confirme a eliminación mediante unha caixa de diálogo.

Despois da acción no rexistro

O evento Despois da acción no rexistro acontece inmediatamente despois de modificar o rexistro actual.

Despois de modificar o rexistro

O evento Despois de modificar o rexistro acontece inmediatamente despois de modificar o apuntador do rexistro actual.

Encher parámetros

O evento Encher parámetros acontece cando o formulario que se vai cargar posúe parámetros que deben encherse. Por exemplo, a fonte de datos do formulario pode ser a seguinte orde SQL:

SELECT * FROM enderezo WHERE nome=:nome

Aquí :nome é o parámetro que hai que encher automaticamente desde o formulario superior ao cargar, se é posíbel. Se non, o evento actívase e unha macro ligada enche o parámetro.

Houbo un erro

O evento Produciuse un erro actívase cando acontece un erro durante o acceso á fonte de datos. Este evento aplícase a formularios e a caixas de lista e de combinación.

Precisamos da súa axuda!