Controis de formulario

A barra de ferramentas Controis de formulario contén ferramentas que pode necesitar para crear un formulario interactivo. Pode usar a barra de ferramentas para engadir controles a un formulario nun texto, folla de cálculo, presentación ou documento en HTML, por exemplo un botón que executa unha macro.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ver - Barras de ferramentas - Controis de formulario.

Icona da barra de ferramentas Inserir (pode que haxa que activar esta icona, inicialmente invisíbel):

Icona

Controis de formulario


Icona Nota

Os documentos de formularios XML (XForms) utilizan os mesmos controis.


Para crear formularios abra un documento de Writer e use a barra de ferramentas Controis de formulario para engadir e definir os controis do formulario. Se o desexa, ligue o formulario a unha base de datos, para así manipulala mediante os controis.

Se crea os formularios en documentos HTML poderá usalos para enviar datos pola internet.

Icona Nota

LibreOffice só exporta as propiedades de formulario admitidas pola versión de HTML á que se vai exportar. Para indicar a versión de HTML, escolla - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML.


Para engadir un control a un documento

  1. Na barra de ferramentas Controis de formulario, prema na icona do control que desexe engadir.

  2. Arrastre no documento para crear o control.

    Para crear un campo de control cadrado, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Suxestión

Para engadir un campo da lista de campos dunha táboa ou consulta a un formulario, arrastre una cela para o formulario. Nun documento de texto tamén pode arrastrar un título de columna para engadir un campo a un formulario. Para incluír unha etiqueta para o campo, manteña premida a tecla +Maiús ao arrastrar un título de columna.


Modificar un control

  1. Prema co botón dereito do rato no control e escolla Control. Ábrese unha caixa de diálogo onde pode definir as propiedades do control.

  2. Para indicar unha tecla aceleradora para un control, engada un til (~) diante do carácter na etiqueta do control.

  3. Pode arrastrar e soltar controis dun documento a outro, así como copialos e pegalos. Ao inserir un control doutro documento, LibreOffice analiza a fonte de datos, o tipo de contido e as propiedades do contido do control para que encaixe na estrutura lóxica do documento de destino. Por exemplo, un control que mostre o contido dunha axenda de enderezos continuará a facelo tras copialo a outro documento. Pode ver estas propiedades na lapela Datos situado na caixa de diálogo Propiedades de formulario.

Seleccionar

Icona

Esta icona activa ou desactiva o modo selección do apuntador do rato. O modo selección úsase para seleccionar os controis do formulario actual.

Activar/Desactivar modo deseño

Toggles the Design mode on or off. This function is used to switch quickly between Design and User mode. Activate to edit the form controls, deactivate to use the form controls.

Icona

Activar/Desactivar modo de deseño

Propiedades de control

Abre unha caixa de diálogo que permite editar as propiedades dun control seleccionado.

Icona

Control

Propiedades de formulario

Nesta caixa de diálogo pode especificar, entre outras cousas, a fonte de datos e os eventos de todo o formulario.

Icona

Formulario

Caixa de verificación

Icona

Crea caixas de verificación. Estas caixas permítenlle activar ou desactivar funcións no formulario.

Caixa de texto

Icona

Crea unha caixa de texto. As caixas de texto son campos en que o usuario pode introducir texto. As caixas de texto dos formularios exhiben datos ou permiten introducir unha nova entrada de datos.

Campo formatado

Icona

Crea un campo formatado. O campo formatado consiste nunha caixa de texto onde se pode definir a maneira de formatar as entradas e saídas e que valores de limitación aplicar.

Os campos formatados teñen propiedades especiais de control (escolla Formato - Control).

Botón de ordes

Icona

Crea un botón de ordes. Esta función pode utilizarse para executar a orde dun evento definido como, por exemplo, o feito de premer no rato.

Pode aplicar texto e imaxes a eses botóns.

Botón de opción

Icona

Crea un botón de opción. Os botóns de opción permiten ao usuario escoller unha de entre varias opcións. Os que teñen a mesma funcionalidade reciben o mesmo (propiedade nome ). Polo xeral, atribúense a unha caixa de grupo.

Caixa de lista

Icona

Crea unha caixa de lista. Unha caixa de lista permite que os usuarios seleccionen unha entrada dunha lista. Se o formulario está ligado a unha base de datos e a conexión á base de datos está activa, oAsistente de caixas de lista aparece automaticamente unha vez que se insire a caixa de lista no documento. Este asistente axuda a crear a caixa de lista.

Caixa de combinación

Icona

Crea unha caixa de combinación. As caixas de combinación son caixas de lista de liña única con listas despregábeis onde os usuarios escollen unha opción. Atribuíndo a propiedade "só de lectura" á caixa de combinación os usuarios só poden introducir as entradas da lista. Se o formulario está ligado a unha base de datos e a conexión está activa, o asistente de caixas de combinación aparece automaticamente tras inserir a caixa de combinación no documento.

Campo de etiqueta

Icona

Crea un campo para a visualización de texto. Estas etiquetas úsanse só para visualizar texto predefinido. Nestes campos non se poden facer entradas.

Máis controis

Abre a barra de ferramentas Máis Controis.

Deseño de formulario

Abre a barra de ferramentas Deseño de formulario.

Activar/Desactivar asistentes

Icona

Activa e desactiva os asistentes automáticos de controis de formulario.

Estes asistentes axudan a introducir as propiedades das caixas de lista, de controis de táboas e doutros controis.

Ordes do menú de contexto

Precisamos da súa axuda!