Mostrar funcións de debuxo

Prema para abrir ou pechar a barra Debuxo, coa que pode engadir formas, liñas, texto e texto explicativo ao documento actual.

Pode activar e desactivar a barra de ferramentas Debuxo dos documentos de Writer e Calc empregando unha icona da barra de ferramentas Estándar.

Icona

Mostrar funcións de debuxo

Icona Suxestión

Pode cambiar os botóns que quere visíbeis nas barras de ferramentas. Prema co botón dereito do rato nunha barra de ferramentas para acceder á orde Botóns visíbeis.


Selección

Icona

Permite seleccionar obxectos do documento actual. Para seleccionar un obxecto, prema no obxecto coa frecha. Para seleccionar máis de un obxecto, arrastre un marco de selección arredor dos obxectos. Para engadir un obxecto á selección, prema Maiús e a seguir prema no obxecto.

Liña

Icona

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o rato no documento. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Suxestión

Para introducir un texto nunha liña, prema dúas veces nela e escriba ou pegue o texto. A dirección do texto corresponde á dirección en que arrastrou para debuxar a liña. Para ocultala seleccione Invisíbel na caixa Estilo de liña situada na barra Propiedades de obxecto de debuxo.


Rectángulo

Icona

Debuxa un rectángulo onde vostede o arrastre no documento actual. Prema onde desexe colocar unha esquina do rectángulo e arrástreo até ao tamaño que desexe. Para debuxar un cadrado manteña premido Maiús ao arrastrar.

Elipse

Icona

Debuxa un óvalo onde vostede o arrastre no documento actual. Prema onde desexe colocar unha esquina do rectángulo e arrástreo até ao tamaño que desexe. Para debuxar un cadrado manteña premido Maiús ao arrastrar.

Polígono

Icona

Debuxa unha liña composta dunha serie de segmentos en liña recta. Arrastre para debuxar un segmento da liña, prema para definir o seu punto final e arrastre para debuxar un novo segmento. Prema dúas veces para rematar o debuxo da liña. Se o fai no seu punto inicial creará unha forma pechada.

Manteña a tecla Maiús mentres debuxa un polígono para colocar puntos novos en ángulos de 45 graos.

The Edit Points mode enables you to interactively modify the individual points of the polygon.

Curva

Icona

Debuxa unha curva de Bézier suave. Prema onde desexe que comece a curva, arrastre, solte e despois mova o punteiro a onde desexe que a curva remate e finalice. Mova o punteiro e prema de novo para engadir un segmento de liña recta á curva. Prema dúas veces para concluír o debuxo da curva. Para crear unha forma pechada, prema dúas veces no punto de inicio da curva. O arco da curva vén determinado pola distancia que vostede arrastre.

Liña de forma libre

Icona

Debuxa unha liña de forma libre onde vostede o arrastre no documento actual. Para concluír a liña, solte o botón do rato. Para debuxar unha forma pechada, solte o botón do rato preto do punto inicial da liña.

Arco

Icona

Debuxa un arco no documento. Para debuxar un arco, arrastre a forma oval ata conseguir o tamaño desexado e a seguir prema para definir o punto inicial do arco. Mova o punteiro ata o lugar en que vai colocar o extremo do arco e prema. Non é necesario premer na forma oval. Para debuxar un arco circular, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra o punteiro.

Sector elíptico

Icona

Debuxa unha forma chea e definida polo arco dunha forma oval e dúas liñas de raio no documento. Para debuxar un sector elíptico, arrastre unha forma oval ata conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir a primeira liña de raio. Mova o apuntador ata o lugar en que quere colocar a segunda liña de raio e prema. Non é preciso premer na forma oval. Para debuxar un sector circular, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Segmento circular

Icona

Debuxa unha forma chea, definida no documento polo arco dun círculo e unha liña de diámetro. Para debuxar un segmento circular, arrastre un círculo ata conseguir o tamaño desexado e despois prema para definir o punto inicial da liña de diámetro. Mova o apuntador ata o lugar onde queira colocar o punto final da liña de diámetro e prema. Non é preciso premer no círculo. Para debuxar un segmento elíptico, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar o punteiro do rato.

Caixa de texto

Icona

Debuxa unha caixa de texto co texto en horizontal ao arrastrar. Arrastre unha caixa de texto ata alcanzar o tamaño desexado en calquera lugar do documento e escriba ou pegue o texto. Rode a caixa de texto para obter un texto rodado.

Animación de texto

Icona

Insire texto animado con dirección de texto horizontal no documento actual.

Textos explicativos

Icona

Debuxa, desde onde se arrastra, unha liña que remata nun texto explicativo rectangular con dirección horizontal. Para redimensionar un texto explicativo arrastre unha das súas agarradoiras. Para engadirlle texto, prema no seu bordo e escriba ou pegue o texto. Pode arredondalo arrastrando a agarradoira do canto maior cando o apuntador se converte nunha man.

Formas básicas

Abre a barra de ferramentas Formas básicas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Formas básicas

Símbolos

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Símbolos

Frechas largas

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Frechas largas

Fluxograma

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Fluxogramas

Textos explicativos

Abre a barra de ferramentas Textos explicativos, que permite inserir elementos gráficos no documento.

Icona

Textos explicativos

Estrelas e faixas

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icona

Estrelas

Puntos

Permítelle editar puntos no seu debuxo.

Galería de Fontwork

Opens the Fontwork dialog from which you can insert styled text not possible through standard font formatting into your document.

Icona

Galería de Fontwork

Do ficheiro

Inserts an image into the current document .

Icona

Imaxe

Activar/Desactivar extrusión

Activa e desactiva os efectos 3D dos obxectos seleccionados.

Soporte para idiomas asiáticos

These commands can only be accessed after you enable support for Asian languages in - Language Settings - Languages.

Textos explicativos verticais

Icona

Debuxa, desde onde se arrastra, unha liña que remata nun texto explicativo rectangular con dirección vertical. Para redimensionar o texto explicativo arrastre unha das súas agarradoiras. Para engadir texto prema o seu bordo e escriba ou pegue o texto. Pode arredondalo arrastrando a agarradoira do canto maior cando o apuntador se converte nunha man. Só dispoñíbel cando está activado o soporte para idiomas asiáticos.

Texto vertical

Icona

Debuxa unha caixa de texto con dirección vertical ao premer ou arrastrar o cursor. Prema calquera lugar do documento e escriba ou pegue o seu texto. Tamén pode mover o cursor ata o lugar onde desexa engadir o texto, arrastrar unha caixa de texto e escribir ou pegar o texto. Só dispoñíbel cando está activado o soporte para idiomas asiáticos.

Precisamos da súa axuda!