Abrir

Abre un ficheiro local ou remoto ou importa un.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Abrir.

+O

Na barra de ferramentas Estándar, prema

Icona

Abrir ficheiro


O LibreOffice emprega o diálogo para escoller ficheiros nativo do xestor de xanelas do sistema operativo coa orde Abrir.

Icona Nota

Se o ficheiro que desexa abrir contén estilos, aplícanse regras especiais.


Área de visualización

Mostra os ficheiros e cartafoles do cartafol no que estea. Para abrir un ficheiro, seleccione o ficheiro e prema en Abrir.

Icona Suxestión

Para abrir máis de un documento ao mesmo tempo, cada un na súa propia xanela, manteña premido mentres preme nos ficheiros e despois prema Abrir.


Os diálogos dos ficheiros de ficheiros modernos presentan moitas funcionalidades para manipular os ficheiros. A maioría permite renomear, eliminar e crear ficheiros, ordenar listas de ficheiros, mostrar ficheiros e cartafoles en vista de iconas, árbore ou lista, navegar pola árbore de cartafoles do sistema de ficheiros e moito máis. Empregue o botón dereito do rato para obter unha lista de ordes sobre os ficheiros seleccionados na área de visualización.

Nome de ficheiro

Introduza un nome de ficheiro ou unha ruta ao ficheiro.

No diálogo están dispoñíbeis as funcionalidades seguintes:

  1. O LibreOffice ten unha función de completado automático que se activa nalgúns textos e nas listas de selección. Introduza, por exemplo, no campo do URL, e a función completado automático mostra o primeiro ficheiro ou primeiro directorio que atope que comece pola letra «a».

  2. Empregue a tecla Frecha para abaixo para desprazarse polos outros ficheiros e directorios. Empregue a tecla Frecha para a dereita para mostrar tamén calquera subdirectorio existente no campo de URL. Dispón dun completado automático rápido ao premer na tecla Fin logo de introducir parte do URL. Unha vez atopado o documento ou directorio que desexe, prema Intro.

Versión

Se hai varias versións do ficheiro seleccionado, seleccione a versión que desexe abrir. Pode gardar e organizar varias versións dun documento escollendo Ficheiro - Versiósn. As versións dun documento ábrense en modo que só permite a lectura.

Tipo de ficheiro

Seleccione o tipo de ficheiro que desexe abrir ou seleccione Todos os ficheiros (*) para mostrar unha lista de todos os ficheiros do cartafol.

Abrir

Abre o(s) documento(s) seleccionado(s).

Inserir

Se abriu o diálogo escollendo Inserir - Documento, o botón Abrir chámase Inserir. Insire o ficheiro seleccionado no documento actual na posición do cursor.

Só de lectura

Abre o ficheiro só para ler.

Abrir documentos con modelos

LibreOffice recoñece os modelos situados en calquera cartafol da lista seguinte:

Icona Nota

Cando se utiliza Ficheiro - Modelos - Gardar como modelo para gardar un modelo, o modelo almacénase no cartafol modelos de usuario. Ao abrir un documento baseado nun destes modelos, o documento compróbase por se o modelo cambiou tal e como se describe máis abaixo. O modelo asóciase co documento, é como se fose un «modelo pegañento».


Icona Nota

Cando se utiliza Ficheiro - Gardar como e se selecciona un filtro de modelos para gardar un modelo en calquera outro cartafol que non estea na lista, os documentos baseados nese modelo non serán comprobados.


Cando se abre un documento creado cun «modelo pegañento» (como se definiu antes), LibreOffice comproba se o modelo foi modificando desde a última vez que se abriu o documento. Se o modelo foi cambiado mostra un diálogo no que se pode seleccionar que estilos se aplican ao documento.

Para aplicar os novos estilos do modelo ao documento prema Actualizar estilos.

Para reter os estilos en uso no documento prema Manter estilos anteriores.

Se un documento foi creado utilizando un modelo que non é posíbel atopar, aparece un diálogo que pregunta como proceder a próxima vez que se abra o documento.

Para quebrar a ligazón entre o documento e o modelo ausente prema Non; caso contrario, LibreOffice busca o modelo a seguinte vez que se abra o documento.

Precisamos da súa axuda!