Opcións

Define opcións adicionais para as súas etiquetas ou tarxetas de visita, incluíndo as opcións de sincronización de texto e impresora.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Ficheiro - Novo - Etiquetas - Opcións.

Escolla a lapela Ficheiro - Novo - Tarxetas de visita - Opcións.


Páxina completa

Crea unha páxina enteira de etiquetas ou tarxetas de visita.

Etiqueta única

Imprime unha única etiqueta ou tarxeta de visita nunha páxina.

Columna

Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexa ter nunha fila da páxina.

Fila

Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexa ter na páxina.

Sincronizar contido

Permite editar unha única etiqueta ou tarxeta de visita e actualiza o contido das etiquetas ou tarxetas de visita restantes da páxina ao premer no botón Sincronizar etiquetas.

Sincronizar etiquetas

O botón Sincronizar etiquetas só aparece no documento se tivese seleccionado Sincronizar contido na lapela Opcións ao crear as etiquetas ou tarxetas de visita.

Copia o contido da etiqueta ou tarxeta de visita superior esquerda no resto das etiquetas ou tarxetas de visita da páxina.

Impresora

Mostra o nome da impresora actualmente seleccionada.

Configurar

Abre o diálogo Configuración da impresora.

Precisamos da súa axuda!