Formato

Definir as opcións de formato de papel.

Para acceder a esta orde...

Escolla a lapela Ficheiro - Novo - Etiquetas - Formato.

Escolla a lapela Ficheiro - Novo - Tarxetas de visita - Formato.


Distancia horizontal

Mostra a distancia entre os bordos esquerdos de etiquetas adxacentes en tarxetas de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Distancia vertical

Mostra a distancia entre o bordo superior dunha etiqueta ou tarxeta de visita e o bordo superior da etiqueta ou tarxeta de visita inmediatamente inferior. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Largura

Mostra a largura da etiqueta ou da tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Altura

Mostra a altura da etiqueta ou da tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Marxe esquerda

Mostra a altura desde o bordo esquerdo da páxina ao bordo esquerdo da primeira etiqueta ou tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Marxe superior

Mostra a altura desde o bordo superior da páxina ao bordo superior da primeira etiqueta ou tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.

Columnas

Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexen que ocupen o largo da páxina.

Filas

Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexen que ocupen a altura da páxina.

Gardar

Garda o formato da etiqueta ou tarxeta de visita actual.

Gardar formato de etiqueta

Marca

Introduza ou seleccione a marca que desexe.

Tipo

Introduza ou seleccione un tipo de etiqueta.

Visualizar campo

Mostra unha visualización da selección actual.

Precisamos da súa axuda!