Importación de texto

Configura as opcións de importación de datos delimitados.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ficheiro - Abrir - Tipo de ficheiro, seleccione Texto en CSV.

Escolla Datos - Texto a columnas (Calc).


Importar

Conxunto de caracteres

Especifica o conxunto de caracteres utilizado no ficheiro importado.

Idioma

Determina como se importan as cadeas numéricas.

Se Idioma está configurado como Predeterminado (para importación de CSV) ou Automático (para importación de HTML), Calc emprega o idioma configurado globalmente. Se o idioma é un determinado, será ese o que se empregue ao importar números.

Ao importar un documento en HTML, a selección de idioma pode entrar en conflito coa opción global de HTML Empregar «Inglés (USA)» para os números. A opción global de HTML faise efectiva só ao seleccionar a opción de idioma Automático. Se selecciona un idioma determinado no diálogo Opcións de importación de HTML, ignórase a opción global de HTML.

Desde a liña

Especifica a liña onde desexa iniciar a importación. As liñas son visíbeis na xanela de visualización, na parte inferior da caixa de diálogo.

Opcións de separación

Especifica se os datos utilizan separadores ou larguras fixas como delimitadores.

Largura fixa

Separa en columnas os datos de largura fixa (igual número de caracteres). Para configurar a largura, prema na regra da xanela de visualización.

Separado por

Seleccione o separador utilizado nos datos.

Tabulación

Separa en columnas os datos delimitados por tabuladores.

Punto e coma

Separa en columnas os datos delimitados por punto e coma.

Coma

Separa en columnas os datos delimitados por comas.

Espazo

Separa en columnas os datos delimitados por espazos.

Outros

Separa os datos en columnas empregando o separador personalizado que vostede indique. Nota: O separador personalizado debe estar contido tamén nos seus datos.

Combinar delimitadores

Combina delimitadores consecutivos e elimina campos de datos en branco.

Recortar espazos

Retira dos campos de datos os espazos en branco iniciais e finais.

Delimitador de cadeas

Select a character to delimit text data. You can also enter a character in the text box.

Outras opcións

Seleccione unha das opcións.

Formatar campos entre aspas como texto

Cando esta opción está activada, os campos ou celas cuxos valores van enteiramente entre aspas (o primeiro e último caracteres do valor son iguais ao delimitador de texto) impórtanse como texto.

Decimal.

Canto esta opción está activada, Calc detecta automaticamente todos os formatos numéricos, incluídos os formatos numéricos especiais, como datas, horas e notación científica.

O idioma seleccionado influencia a maneira na que se detectan os números especiais, dado que os distintos idiomas e rexións poden seguir convencións diferentes para eses números especiais.

Cando esta opción está desactivada, Calc detecta e converte só os números decimais. O resto, incluídos os números formatados en notación científica, impórtanse como texto. Unha cadea de números decimais pode ter os díxitos 0-9, separadores de milleiros e un separador decimal. Os separadores de milleiros e os separadores decimais poden variar segundo o idioma ou rexión seleccionados.

Ignorar celas baleiras

Cando esta opción está activada, Calc conserva o contido anterior das celas ao pegar outras baleiras. Caso contrario, Calc elimina o contido das celas anteriores.

Na conversión de texto a columnas, se o contido das celas comeza cun separador e esta opción estiver desactivada, a primeira columna baléirase.

Campos

Mostra como ficarán os datos se se separan en columnas.

Tipo de columna

Escolla unha columna na xanela de visualización e seleccione o tipo de datos a que desexa aplicar os datos importados. Pode seleccionar unha das seguintes opcións:

Tipo

Función

Estándar

LibreOffice determina o tipo.

Texto

Os datos importados trátanse como texto.

Data (DMA)

Aplica o formato de data DíaMesAno aos datos importados dunha columna.

Data (MDA)

Aplica o formato de data MesDíaAno aos datos importados dunha columna.

Data (AMD)

Aplica o formato de data AnoMesDía aos datos importados dunha columna.

Inglés americano

Os números formatados en Inglés americano son búscanse e inclúense con independencia do idioma do sistema. Non se aplica un formato de número. Se non hai entradas en Inglés americano, aplícase o formato Estándar.

Ocultar

Os datos da columna non se importan.


Se selecciona un dos formatos de data DMA, MDA ou AMD e introduce números sen delimitadores de data, os números serán interpretados da seguinte maneira:

Número de caracteres

Formato de data

6

Empréganse dous caracteres para determinar o día, dous para o mes e outros dous para o ano na orden seleccionada.

8

Empréganse catro caracteres para determinar o ano, dous para o mes e outros dous para o día na orden seleccionada.

5 ou 7

Como con 6 ou 8 caracteres, coa diferenza de que a primeira parte da secuencia ten un carácter menos: elimínase o cero á esquerda no caso do mes e do día.


Icona Suxestión

Para incluír o cero á esquerda nos datos importados, por exemplo, en números de teléfono, aplique á columna o formato "Texto".


Visualización

Mostra a aparencia que terá o texto importado unha vez separado en columnas. Para aplicar un formato a unha columna ao importar, prema nunha columna e seleccione un tipo de columna. Ao seleccionar un tipo de columna, o título da columna mostra o formato aplicado.

Se desexa utilizar unha largura fixa para separar os datos importados en columnas, prema na regra para delimitala.

Navegación sen rato

Para obter máis información, consulte Información sobre filtros de importación e exportación.

Precisamos da súa axuda!