Información sobre filtros de importación e exportación

Alén dos seus propios formatos XML, o LibreOffice permite abrir e gardar moitos formatos XML externos.

Nalgúns casos, talvez precise de introducir manualmente o tipo de ficheiro na caixa de diálogo Abrir. Por exemplo, se quere abrir a táboa dunha base de datos en formato de texto como táboa de base de datos, terá que especificar o tipo de ficheiro "Texto CSV" despois de seleccionalo.

Macros de Basic en documentos de MS Office

En - Cargar/Gardar - Propiedades de VBA é posíbel indicar a configuración dos códigos das macros en VBA nos documentos do Office da Microsoft. As macros en VBA non poden seren executados no LibreOffice; primeiro han de ser convertidos e adaptados. Normalmente só hai que usar o LibreOffice para cambiar o contido visíbel dun ficheiro de Word, Excel ou PowerPoint e gravar despois o ficheiro de novo no formato do Office da Microsoft sen cambiar as macros que conteñen. Pode configurar o comportamento do LibreOffice como desexe: Ou que as macros en VBA se garden en forma comentada como subrutina do LibreOffice e que cando o documento se garde no formato do Officename da Microsoft se escriban de maneira correcta de novo ou que as macros do Office da Microsoft se retiren ao cargar. Esta última opción é unha protección efectiva contra os virus dos documentos do Office da Microsoft.

Notas sobre formatos externos e tipos de ficheiros

Mesmo non estando instalados, algúns filtros poden ser seleccionados nas caixas de diálogo Abrir e Gardar. Se selecciona un deses filtros, mostrarase unha mensaxe dicindo que aínda o pode instalar se o necesita.

Icona Suxestión

O filtro Texto codificado axúdao a abrir e gardar documentos de texto con outra codificación de tipo de letra. Este filtro abre unha caixa de diálogo que fai posíbel a selección do conxunto de caracteres, de tipos de letra predefinidos, idioma e quebra de parágrafos.


Importación e exportación en formato HTML

LibreOffice Writer permite inserir notas ao pé de páxina e ao final dun documento HTML. As notas expórtaas como etiquetas meta e os caracteres que as compoñen como hiperligazóns.

Os comentarios empréganse para incluír caracteres descoñecidos nun documento en HTML. Toda nota que comece por «HTML:...» e remate por ">" é tratada como código HTML mais expórtase sen esas designacións. Pódense incluír diversas etiquetas arredor do texto a continuación de "HTML:..." Os caracteres acentuados convértense ao conxunto de caracteres ANSI. Os comentarios créanse durante a importación (por exemplo, para meta-etiquetas que non teñen sitio nas propiedades do ficheiro ou para etiquetas descoñecidas).

A importación HTML de LibreOffice Writer le ficheiros con codificacións de caracteres UTF-8 ou UCS2. Por tanto, é posíbel exhibir calquera carácter do conxunto de caracteres ANSI ou do sistema.

Ao exportar a HTML emprégase o conxunto de caracteres seleccionado en - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML. Os caracteres que non estean presentes escríbense en forma substituta, que se mostra correctamente nos navegadores web modernos. Ao exportar eses caracteres vostede recibirá un aviso relacionado.

Se, en - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML, vostede selecciona Firefox da Mozilla, Internet Explorer da Microsoft ou Writer do LibreOffice como opción de exportación, ao exportar todos os atributos importantes de tipo de letra expórtanse como atributos directos (por exemplo, cor de texto, tamaño da letra, grosa, cursiva, etc.) en estilos CSS1 (CSS significa Follas de Estilo en Cascada). A importación tamén se realiza seguindo este estándar.

A propiedade «tipo de letra» corresponde co Firefox da Mozilla; isto é, antes do tamaño do tipo de letra pódense indicar valores opcionais de «font-style» (cursiva, ningún), «font-variant» (normal, versaletas) e «font-weight» (normal, grosa).

Se estabelece o Internet Explorer da Microsoft ou o Write do LibreOffice como opción de exportación, o tamaño do campo de control e as súas marxes internas expórtanse como estilos (formatos de impresión). As propiedades de tamaño da CSS1 baséanse en valores de «largura» e «altura». A propiedade «Marxe» utilízase para definir marxes iguais en todos os lados da páxina. Para estabelecer marxes diferentes utilízanse as propiedades «Marxe-esquerda», «Marxe-Dereita», «Marxe-Superior» e «Marxe-Inferior».

As distancias dos gráficos e engadidos ao contido poden ser definidas individualmente para a súa exportación ao Writer do LibreOffice e ao Internet Explorer da Microsoft. Se as marxes superior/inferior ou dereita/esquerda son diferentes, as distancias expórtanse nunha opción «STYLE» para a etiqueta correspondente como propiedades de tamaño de CSS1 «Margin-Top», «Margin-Bottom», «Margin-Left» e «Margin-Right».

Os marcos de textos son posíbeis co uso das extensións de CSS1 para obxectos con posición absoluta. Isto aplícase só ás opcións de exportación ao Firefox da Mozilla, o Internet Explorer da Microsoft e o Writer do LibreOffice. Os marcos de texto pódense caliñar como gráficos, e marcos flotantes, mais non é posíbel cos marcos ligados a caracteres.

Os marcos de texto expórtanse como etiquetas "<SPAN>" ou "<DIV>" cando non conteñen columnas. No caso contrario, expórtanse como "<MULTICOL>".

A unidade de medida definida en LibreOffice emprégase para as propiedades de CSS1 da exportación a HTML. A unidade pode ser definida por separado para os documentos de texto e HTML en - Writer do LibreOffice - Xeral ou - LibreOffice Writer/Web - Ver. O número de decimais exportados depende da unidade.

Unidade de medida

Nome da unidade de medida na CSS1

Número máximo de decimais

Milímetro

mm

2

Centímetro

cm

2

Polgada

pol

2

Pica

pi

2

Punto

pt

1


O filtro de páxinas web do LibreOffice admite algunhas capacidades de CSS2. Porén, para usalo hai que activar a exportación da disposición de impresión en - Cargar/Gravar- Compatibilidade con HTML.

Importación e exportación de numeración

Se, en - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML, a opción de exportación «Writer do LibreOffice» ou «Internet Explorer» estiveren seleccionadas, os sangrados das numeracións expórtanse como propiedade «margin-left» de CSS1 no atributo STYLE das etiquetas <OL> e <UL>. A propiedade indica a diferenza relativa co sangrado do nivel superior seguinte.

As sangrías de parágrafo á esquerda na numeración indícanse como propiedade "Marxe-Esquerda" da CSS1. As sangrías de primeira liña ignóranse e non se exportan.

Importación e exportación de ficheiros de folla de cálculo

LibreOffice importa e exporta referencias a seccións excluídas como, por exemplo, unha columna a que se facía referencia. Durante o proceso de exportación pódese ver a fórmula global e a referencia excluída contén unha indicación (#REF!) sobre a referencia. Durante a importación créase unha #REF! en correspondencia coa referencia.

Importación e exportación de ficheiros gráficos

Como nos documentos HTML, para abrir un ficheiro gráfico de LibreOffice pódese escoller utilizar un filtro co elemento LibreOffice Impress no nome ou sen el. Sen o elemento, o ficheiro ábrese como documento de LibreOffice Draw. Con el, o ficheiro, gardado nunha versión antiga do programa, ábrese en LibreOffice Impress.

Cando se importa un ficheiro EPS, móstrase no documento unha visualización da imaxe. Se a visualización non está dispoñíbel, móstrase un marcador proporcional ao tamaño da imaxe. En Unix e Microsoft Windows pódese imprimir o ficheiro importado empregando unha impresora PostScript. Durante a exportación de imaxes EPS, créase unha visualización no formato TIFF ou EPSI. Cando se exporta unha imaxe EPS xunto con outras imaxes no formato EPS, ese ficheiro incorpórase sen alteracións ao novo ficheiro.

Permítense TIFFs de varias páxinas cando se importan ou exportan imaxes en formato TIFF. As imaxes recupéranse como conxunto de imaxes individuais nun único ficheiro como, por exemplo, cada páxina dun fax.

A algunhas opcións de LibreOffice Draw e LibreOffice Impress pódese acceder a través de Ficheiro - Exportar.

PostScript

Para exportar un documento ou imaxe no formato PostScript:

  1. Se aínda non o fixo, instale un controlador de impresora PostScript como, por exemplo, o Apple LaserWriter.

  2. Imprima o documento coa orde de menú Ficheiro - Imprimir.

  3. Seleccione a impresora PostScript na caixa de diálogo e marque a caixa de verificación Imprimir no ficheiro. Crearase un ficheiro PostScript.

Precisamos da súa axuda!