Botóns máis utilizados

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Rematar

Aplica os cambios e pecha o asistente.

Barras de ferramentas

Premendo na frecha que está ao lado dalgunhas iconas ábrese unha barra de ferramentas. Para mover unha barra de ferramentas, arrastre a barra de título. Cando solte o botón do rato, a barra de ferramentas situarase na nova posición. Arrastre a barra de título a outra posición ou ata o bordo da xanela e a barra de ferramentas ancorará nese lugar. Para pechar a barra de ferramentas, prema na icona Pechar xanela. Para a exhibir novamente, vaia a Ver - Barras de ferramentas - (Nome da barra de ferramentas).

Botón xiratorio

  1. Nos controles de formulario, un botón xiratorio é unha propiedade dun campo numérico, monetario, de data ou de hora. Se a propiedade «Botón xiratorio» estiver activada, o campo mostra un par de símbolos con frechas a apuntaren en direccións opostas, sexa verticalmente, sexa horizontalmente

  2. No IDE de Basic un botón xiratorio é o nome usado para o campo numérico xunto cos dous símbolos de frecha.

Pode escribir un valor numérico no campo que hai a carón do botón xiratorio ou seleccionar o valor cos símbolos de Frecha para arriba ou Frecha para abaixo do botón xiratorio. No teclado pode premer nas teclas Frecha para arriba e Frecha para abaixo para aumentar ou reducir o valor. Pode premer nas teclas Páxina arriba e Páxina abaixo para configurar os valores máximo e mínimo.

Se o campo que hai a carón do botón xiratorio define valores numéricos, tamén pode definir unha unidade de medida, por exemplo, 2 cm ou 5 mm, 12 pt ou 2''.

Converter

Se preme para avanzar na caixa de diálogo, ese botón pasará a denominarse Avanzar. Na última páxina, o botón asumirá o nome Converter. Para realizar a conversión, prema nel.

Menú de contexto

Para activar o menú de contexto dun obxecto, prema o obxecto co botón do rato para seleccionalo e a seguir, . É posíbel abrir algúns menús de contexto mesmo sen estar o obxecto seleccionado. Os menús de contexto atópanse practicamente en todas partes no LibreOffice.

Eliminar

Elimina os elementos seleccionados despois da confirmación.

Eliminar

Elimina os elementos seleccionados sen solicitar unha confirmación.

Métrica

Pode introducir valores nos campos de entrada en unidades de medida diferentes. A unidade predeterminada son as polgadas. Porén, se quixer un espazo de exactamente 1 cm, escriba «1cm». Dispón de unidades adicionais segundo o contexto; por exemplo, 12 pt para un espazamento de 12 puntos. Se o valor da nova unidade for irreal, o programa emprega uns valores máximo ou mínimo predefinidos.

Pechar

Pecha a caixa de diálogo e garda todas as modificacións.

Pechar

Pecha a caixa de diálogo.

Aplicar

Aplica os valores modificados ou seleccionados sen pechar a caixa de diálogo.

Reducir/Maximizar

Prema na icona Encoller para reducir o diálogo ao tamaño do campo de entrada. É máis doado marcar a referencia requirida na folla. As iconas convértense automaticamente na icona Maximizar. Prémaa para restaurar o diálogo para o seu tamaño orixinal.

A caixa de diálogo minimízase automaticamente cando se preme co rato nunha folla. Así que se solta o botón, a caixa de diálogo restáurase e o intervalo de referencia definido mediante o rato é realzado no documento a través dun marco azul.

Icona

Reducir

Icona

Maximizar

Visualizar campo

Mostra unha visualización da selección actual.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Botóns de diálogo

Restabelecer

Restaura os valores modificados para os valores da páxina anterior.

Cancelar

Pecha o diálogo e descarta todos os cambios.

Aceptar

Garda todos os cambios e pecha o diálogo.

Restaurar

Restaura os cambios feitos na lapela actual para os que se aplicaban cando se abriu este diálogo.

Restabelecer

Desfai as alteracións realizadas na lapela, restabelecendo a configuración existente antes de abrir a caixa de diálogo. Non se solicitará confirmación cando se peche a caixa de diálogo.

Estándar

Restabelece os valores visíbeis na caixa de diálogo para os valores de instalación predefinidos.

Icona Aviso

Non se solicita confirmación antes de recargar os valores predefinidos.


Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Opcións

Prema na etiqueta Opcións para expandir a caixa de diálogo e mostrar máis opcións. Prema novamente para volver á caixa de diálogo orixinal.

Vexa tamén as funcións seguintes:

A busca admite expresións regulares. Pode introducir "tod.*", por exemplo, para atopar a primeira vez que aparece «tod» seguido de calquera caracteres. Se desexa procurar un texto que sexa tamén unha expresión regular terá que preceder cada carácter dos caracteres «\». Pode alternar a avaliación automática das expresións regulares en - Calc do LibreOffice - Calcular.

Se se produce un erro, a función devolve un valor lóxico ou numérico.

(Esta orde só está accesíbel desde o menú de contexto).

Se preme dúas veces nunha ferramenta, poderá usala para varias tarefas. Se só preme unha, volverá á última selección depois de rematar a tarefa.

Prema Maiús+F1 e apunte para un control para saber máis sobre ese control.

Botóns do diálogo Opcións

Aceptar

Garde os cambios da páxina e peche o diálogo Opcións.

Cancelar

Peche o diálogo Opcións e desbote todos os cambios feitos.

Restaurar

Restaura os cambios feitos na lapela actual para os que se aplicaban cando se abriu este diálogo.

Icona Aviso

Non é posíbel restaurar algunhas opcións unha vez configuradas. Pode refacer os cambios manualmente ou premer en Cancelar e reabrir o diálogo Opcións.


Precisamos da súa axuda!