Recursos do Draw do LibreOffice
O Draw do LibreOffice permite crear debuxos simples e complexos e exportalos en diversos formatos de imaxe. Tamén pode inserir nos seus debuxos táboas, gráficas, fórmulas e outros elementos creados en programas de LibreOffice.
Gráficos vectoriais
O Draw do LibreOffice crea gráficos vectoriais utilizando liñas e curvas definidas con vectores matemáticos. Os vectores describen liñas, elipses e polígonos, de acordo coa xeometría de cada forma.
Crear obxectos 3D
No Draw do LibreOffice pode crear obxectos 3D simples (como cubos, esferas e cilindros), así como modificar a súa fonte de luz.
Grades e liñas guía
As grades e guías fornecen un auxilio visual para axudalo a aliñar obxectos no debuxo. Tamén pode aliñar obxectos a unha liña da grade, a unha guía ou ao bordo doutro obxecto.
Conectar obxectos para mostrar relacións
Para mostrar a relación entre obxectos, pode conectalos no Draw do LibreOffice utilizando liñas especiais chamadas «conectores». Estas liñas anéxanse aos puntos de pegado en obxectos de debuxo e permanecen unidas durante o desprazamento dos obxectos conectados. Os conectores son útiles para crear organigramas e diagramas técnicos.
Mostrar dimensións
Os diagramas técnicos mostran frecuentemente as dimensións dos obxectos no debuxo. No Draw do LibreOffice pode utilizar liñas de dimensión para calcular e mostrar dimensións lineais.
Galería
A Galería contén imaxes, animacións, sons e outros elementos que pode inserir e utilizar en debuxos e noutros programas de LibreOffice.
Formatos de ficheiros gráficos
O Draw do LibreOffice pode exportar a moitos formatos frecuentes de gráficos de ficheiros, como BMP, GIF, JPG, e PNG.