Barras de ferramentas

Esta sección fornece unha visión xeral sobre as barras de ferramentas dispoñíbeis no Draw do LibreOffice.

Esta vista xeral describe a configuración predefinida para as barras de ferramentas de LibreOffice.

Barra estándar

A barra estándar está dispoñíbel en todos os aplicativos LibreOffice.

Barra Debuxo

A barra Debuxo contén as principais ferramentas de debuxo.

Barra de ferramentas Liña e enchedura

A barra de ferramentas Liña e enchedura contén ordes para o modo de edición actual.

Barra de táboa

A barra Táboa contén as funcións necesarias para traballar con táboas. Aparece ao situar o cursor dentro dunha táboa.

Barra Formatado de texto

Para mostrar a barra Formatado texto, coloque o cursor no interior dun obxecto de texto.

Barra de imaxes

Utilice a barra Imaxe para definir as opcións de cor, contraste e brillo dos obxectos gráficos seleccionados.

Barra Editar puntos

A barra Editar puntos aparece cando selecciona un polígono e preme en Editar puntos.

Barra Opcións

Pode mostrar a barra Opcións escollendo Ver - Barras de ferramentas - Opcións.

Desagrupar

Show or hides the Color bar. To modify or change the color table that is displayed, choose Format - Area, and then click on the Colors tab.

Barra de estado

A barra de estado mostra información sobre o documento, incluído o obxecto seleccionado no momento en que se abre. Premendo dúas veces nalgúns dos elementos da barra de estado, ábrese unha caixa de diálogo relacionada.

Configuración 3D

A barra de ferramentas Configuración de 3D controla as propiedades dos obxectos en 3D seleccionados.

Fontwork

A barra de ferramentas Fontwork ábrese ao seleccionar un obxecto Fontwork.

Inserir

Precisamos da súa axuda!