Engadir texto

Existen varios tipos de texto que pode engadir a un debuxo ou presentación:

Engadir unha caixa de texto

  1. Prema na icona Texto Icona e mova o rato para onde desexa inserir a caixa de texto.

  2. Arraste unha caixa de texto ata o tamaño que quere ter no seu documento.

  3. Escriba ou pegue o seu texto dentro da caixa de texto.

Prema dúas veces no texto para editalo ou para formatar as propiedades do texto, tales como o tamaño ou a cor do tipo de letra. Prema no bordo da caixa de texto para editar as propiedades do obxecto, tales como a cor do bordo ou a posición do obxecto á fronte ou detrás doutros obxectos.

Axustar o texto a marcos

  1. Crea unha caixa de texto tal como se describe nos pasos anteriores.

  2. Co obxecto de texto seleccionado, escolla Formato - Texto. Ábrese a caixa de diálogo Texto.

  3. Na lapela Texto, desmarque a caixa de verificación Axustar altura ao texto e marque a caixa Axustar ao marco. Prema en Aceptar.

  4. Agora pode redimensionar a caixa de texto para cambiar o tamaño e a forma dos caracteres de texto.

Texto asociado a un gráfico

Pode engadir texto a calquera gráfico despois de facer un clic duplo nel.

Para determinar a posición do texto, utilice a configuración en Formato - Texto.

  1. Por exemplo, prema na frecha que está á beira da icona Textos explicativos Icona para abrir a barra de ferramentas Textos explicativos.

  2. Seleccione un texto explicativo e mova o apuntador do rato ao lugar onde quere iniciar o texto.

  3. Arrastre para debuxar o texto explicativo.

  4. Introduza o texto.

Copiar texto

  1. Seleccione o texto no documento de Writer.

  2. Copie o texto no portapapeis (Editar - Copiar).

  3. Prema na páxina ou na diapositiva en que desexa pegar o texto.

  4. Pegue o texto usando Editar - Pegar ou Editar - Pegado especial.

    Utilizando a opción Pegado especial pode escoller o formato do texto que desexa pegar. Dependendo dos formatos pode copiar outros atributos de texto.

Importar texto

  1. Prema na páxina ou diapositiva onde desexa importar o texto.

  2. Escolla Inserir - Ficheiro.

  3. Seleccione un ficheiro de texto (*.txt) ou un ficheiro HTML e prema en Inserir. Ábrese a caixa de diálogo Inserir texto. Prema en Aceptar para inserir o texto.

Precisamos da súa axuda!