Rotar obxectos

Pode rotar un obxecto sobre o seu punto dinámico predeterminado (punto central) ou o punto que designe.

Icona

Seleccione o obxecto que desexa rotar. Na barra de ferramentas Modo de LibreOffice Draw ou na barra Debuxo de LibreOffice Impress, prema na icona Rotar.

Mova o apuntador ata a agarradoira dun canto, de forma que se transforme nun símbolo de rotación. Arrastre a agarradoira para rotar o obxecto.

Manteña presionada a tecla Maiús para restrinxir a rotación a múltiplos de 15 graos.

Prema o botón dereito do rato para abrir o menú de contexto. Escolla Posición e tamaño - Rotación para inserir un ángulo de rotación exacto.

Icona

Para modificar o punto dinámico, arrastre o círculo pequeno do centro do obxecto a outro lugar.

Para inclinar o obxecto vertical ou horizontalmente arrastre unha das agarradoiras laterais.

Precisamos da súa axuda!