Barras de erro X/Y

Empregue o diálogo de Barras de erro X ou Y para mostrar barras de erro para gráficas en 2D.

Se hai un elemento seleccionado dunha serie de datos, esta orde actúa exclusivamente sobre esa serie de datos. Se non hai ningún elemento seleccionado, esta orde actúa sobre todas as series de datos.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Barras de erro X ou Inserir - Barras de erro Y(Gráficas)


Unha barra de erro é unha liña indicadora que abrangue un intervalo desde x/y - valor negativo do erro até x/y + valor positivo do erro. Neste contexto, x ou y é o valor do punto de datos. Ao seleccionar «desviación estándar», x ou y é o valor medio da serie de datos. O valor negativo do erro e o valor positivo do erro son as cantidades calculadas pola función de barra de erros ou inseridos explicitamente.

Icona Nota

A orde de menú Inserir - Barras de erro X/Y só está dispoñíbel para gráficos 2D.


Categoría de erro

Na área Categoría de erro pódense escoller diferentes maneiras de mostrar a categoría de erro.

Ningún

Non mostra ningunha barra de erro.

Valor constante

Mostra os valores constantes que vostede indique na área Parámetros.

Porcentaxe

Mostra unha porcentaxe. O que aparece refírese ao punto de datos correspondente. Axuste o percentaxe na área Parámetros.

Funcións

Seleccione unha función para calcular as barras de erro.

Erro estándar: Mostra o erro estándar.

Varianza: Mostra a varianza calculada a partir do número de puntos de datos e os seus valores respectivos.

Desviación estándar. Mostra a desviación estándar (raíz cadrada da varianza). Ao contrario doutras funcións, as barras de erro están centradas na media.

Marxe de erro: Mostra a marxe de erro máis alta en porcentaxe, de acordo co valor máis alto do grupo de datos. Axuste o porcentaxe na área Parámetros.

Intervalo de celas

Prema en Intervalo de celas e indique un intervalo de celas a partir do que tomar os valores das barras de erro positivo e negativo.

Desde a táboa de datos

Para unha gráfica cos seus propios datos, os valores da barra de erros poden introducirse na táboa de datos da gráfica. O diálogo Táboa de datos mostra columnas adicionais co título Barras de erro positivas X ou Y e Barras de erro negativas X ou Y.

Mesmo valor para ambos

Active para usar os valores de erro positivos tamén como valores de erro negativos. Só pode cambiar o valor da opción «Positivo (+)». Este valor cópiase automaticamente á opción «Negativo (-)».

Indicador de erros

Indica o indicador de erros.

Positivo e negativo

Mostrar barras de erro positivas e negativas.

Positivo

Mostrar barras de erro positivas e negativas.

Negativo

Mostrar barras de erro positivas e negativas.

Precisamos da súa axuda!