Etiquetas de datos

Abre o diálogo Etiquetas de datos, que permite estabelecer as etiquetas de datos.

Se hai un elemento seleccionado dunha serie de datos, esta orde actúa exclusivamente sobre esa serie de datos. Se non hai ningún elemento seleccionado, esta orde actúa sobre todas as series de datos.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Etiquetas de datos (Gráficas)

Escolla a lapela Formatar - Formatar selección - Punto de datos/Serie de datos - Etiquetas de datos (para series de datos e punto de datos) (Gráficas)


Mostrar o valor como número

Mostra os valores absolutos dos puntos de datos.

Formato numérico

Abre un diálogo para seleccionar o formato numérico.

Mostrar o valor como porcentaxe

Mostra a porcentaxe dos puntos de datos en cada columna.

Formato das porcentaxes

Abre un diálogo para escoller o formato das porcentaxes.

Mostrar a categoría

Mostra as etiquetas de texto do punto de datos.

Mostrar a clave da lenda

Mostra as iconas de lenda xunto a cada etiqueta de punto de datos.

Separador

Escolle o separador entre varias cadeas de texto para o mesmo obxecto.

Localización

Selecciona a colocación das etiquetas de datos en relación aos obxectos.

Orientación do texto

Especifica a dirección do texto dun parágrafo que usa o esquema de texto complexo (CTL). Esta función só está dispoñíbel se a compatibilidade con disposición complexa de texto complexo estiver activada.

Rodar texto

Prema no dial para definir a orientación do texto das etiquetas de datos.

Introduza o ángulo de rotación en sentido antihorario das etiquetas de datos.

Precisamos da súa axuda!